Home Vigo Gondomar O PP denuncia as actitudes machistas do alcalde de Gondomar con Paula...

O PP denuncia as actitudes machistas do alcalde de Gondomar con Paula Bouzós

- Anuncio -

O Partido Popular denuncia a actitude machista e reiterada do alcalde de Gondomar, Paco Ferreiro, coa voceira local do PP, Paula Bouzós. Un comportamento que non foi puntual, senón que se repite en todos os plenos municipais nos que cuestiona publicamente a valía de Bouzós e intenta degradala e desprestixiala con comentarios despectivos e denigrantes.

A deputada autonómica, Teresa Egerique, e os deputados provinciais Carmen Amoedo, Alejandro Lorenzo e Elena Estévez, amosaron o seu apoio a Bouzós, e esixen ao Goberno local, e sobre todo ao alcalde, unha desculpa pública á concelleira popular, pero sobre todo un cambio de comportamento. Ademais,

“Este tipo de actitudes machistas deben estar fóra da esfera pública e privada. Son intolerables. Estes comportamentos denigrantes e comentarios despectivos non poden ter cabida nun Goberno local, nunha administración pública”, sinala Bouzós, que lamenta que non aproveitase o pleno do xoves para facelo.

Ademais, di que estes comentarios estanse estendendo ás redes sociais, nas que membros do Goberno, lonxe de desculparse ou amosar respecto cara ás compañeiras da corporación, optan por xustificar a actitude machista do alcalde.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Publicacións Relacionadas