Home A Paradanta A Cañiza O PP denuncia que Luis Piña aproba a cuarta subida de soldo...

O PP denuncia que Luis Piña aproba a cuarta subida de soldo en tres anos, que supera xa os 50 mil euros

- Anuncio -

• O alcalde da Cañiza “volve aprobar uns orzamentos falsos para facer propaganda política e ínflaos duplicando partidas de exercicios anteriores”.


• Sinalan que é curioso que tente xustificar a baixada de soldo do secretario e interventor municipais alegando un descenso de poboación, mentres o alcalde se segue subindo o seu soldo nas mesmas circunstancias.


• É a primeira vez, na historia do Concello, que se van a aprobar uns presupostos cos informes en contra da secretaría e do interventor.

Durante o Pleno Municipal celebrado no día de hoxe na Cañiza, o alcalde socialista, Luis Piña, aprobou os presuposto do ano 2022, co informe en contra da secretaria municipal e do interventor, que expoñen nas súas páxinas que ditos orzamentos incumpren os prazos establecidos na lexislación, entre outras cuestións.

O máis salientable para o voceiro do Partido Popular, Miguel Domínguez, é a cuarta subida de soldo do alcalde en tres anos, o que leva de mandato. “Esta é a tónica habitual de Piña, aprobar os orzamentos fóra de prazo para camuflar as súas subidas de soldo, e as dos seus tenentes de alcalde, que, con esta nova suba, supera xa os 50.000€ para o alcalde, os 35.000€ para o concelleiro de Ciudadanos, e os 20.000€ para Bacelar. Un goberno que non fai nada por A Cañiza pero que custa moitos cartos aos veciños. Temos o alcalde que menos xestiona e o que máis cobra de toda a comarca”. Ademais, explican desde o PP que este ano Piña tamén quere legalizar nos orzamentos o anticipo dos 2.700€ que cobrou no mes de xullo e un préstamo bancario a longo prazo de 1.700.000 euros para pagar as luces de varios puntos da Cañiza.

Outro dos puntos que contempla o documento é a baixada de soldos da secretaria e do interventor, que segundo declara Domínguez, “é curioso que tente xustificar a baixada de soldo dos habilitados estatais alegando un descenso de poboación, mentres el se segue subindo o soldo, nas mesmas circunstancias. O que está facendo Piña é castigar a estes dous funcionarios porque emiten informes en contra da súa xestión, porque non é a correcta e non cumpre coa normativa”.

Con respecto á aprobación dos orzamentos, Domínguez subliña que “é a primeira vez, na historia do concello que se van a aprobar cos informes en contra da secretaría e do interventor”. Ademais, estes informes deixan de manifesto que se duplican partidas que xa estaban presupostadas en exercicios anteriores e que os ingresos están claramente inflados, manobras que poden levar a un colapso das contas municipais.

“O alcalde esqueceuse de que as contas están intervidas polo Estado e de que o concello vai a percibir menos cartos por este motivo. Os 7M que Piña di que ten non son reais, son uns orzamentos inflados para facer propaganda política e seguir enganando á xente, non hai máis que ver o que leva feito na Cañiza: absolutamente nada. Están aprobando uns orzamentos para un ano que está a piques de rematar, onde están eses cartos invertidos, ademais de na súa nómina?”.

Nesta xornada tamén se celebrou un pleno extraordinario solicitado pola oposición para tratar as obras da rúa Antonio Facorro, que ten “en desacordo a una morea de veciños afectados”. “A campaña política de presupostos inflados de Piña para tentar disimular o problema cos veciños, non lle vai a resultar. A xente non é parva”.

Relacionadas

A Deputación de Pontevedra abre este venres no Palacete das Mendoza a exposición “Cor...

0
A mostra da artista pontevedresa poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 5 de maio A Deputación de Pontevedra abre ao...

A Deputación esgota en tan só uns minutos as prazas das catro “Rutas das...

0
Os catro percorridos terán lugar o sábado 27 de abril e permitirán á cidadanía coñecer catro sidrerías singulares da Estrada A Deputación de Pontevedra esgotou...

Mondariz celebra o Mes do Libro con actividades para tódolos públicos

0
O Concello de Mondariz convida a participar nas actividades organizadas dentro do programa “Abril mes do libro”. Con motivo do Día do Libro, o...

O Concello de Baiona desenvolverá vixilancia policial e videovixilancia ante o roubo de contedores...

0
O Concello de Baiona, a través da Concellería de Medio Ambiente, iniciou a recollida comercial de biorresiduos. Este esforzo representa un paso significativo cara...

O concello de Nigrán celebra o sábado 27 a II Gala Carlos Casares no...

0
Este día serán entregados os premios do II Certame de Relato Curto para escolares de Nigrán, convocado en febreiro pasado Será presentada por Marina Sánchez...

O Concello de Nigrán abre ata o 6 de maio o prazo de presentación...

0
As obras, cun orzamento base de 237.662 €, contan cunha subvención de 132.730 € e suporán unha reforma integral do edificio sen afectar a...

Publicacións Relacionadas