Home O Salnés O Grove O PP denuncia que o Goberno socialista ten abandona á parroquia de...

O PP denuncia que o Goberno socialista ten abandona á parroquia de San Vicente

- Anuncio -

O Partido Popular denuncia que as familias de San Vicente son “as grandes esquecidas” do Goberno socialista. O candidato Pablo Leiva critica que “os servizos municipais chegan tarde ou simplemente non chegan a esta parroquia. Estas familias reclaman maior atención por parte do concello. Esixen o trato que se merecen como calquera dos veciños do Grove para deixar de ser cidadáns de segunda”. Así, di que “o interese de Cacabelos comezou e rematou no mesmo momento no que anunciou unha concellería específica para San Vicente, e catro anos despois comprobamos que foi un anuncio baleiro, co que simplemente buscaba un titular, pero que non ofreceu nada máis. Ao contrario, a parroquia de San Vicente nunca estivo tan abandonada por un Goberno local como ata o de agora”.

Para os populares, o estado de abandono desta parroquia é evidente. “Basta con darse un paseo polas súas rúas. É desolador ver como hai beirarrúas sen rematar, cunetas a monte, falta de iluminación en moitos camiños, ausencia de indicadores de vías e microtoponimias, sendeiros literalmente engullidos pola maleza, accesos ás praias descoidados… e, en xeral, falta de limpeza ao longo de practicamente todo o ano”, sinala.

Con respecto ás instalacións municipais, o popular di que tamén deixan moito que desexar. Como exemplos, cita que a Casa da Cultura, cuxa axencia de lectura abre apenas tres días á semana por falta de persoal, ten humidades e dos oito ordenadores que había ao principio, xa non queda ningún. No exterior, o parque infantil está deteriorado: parchearon unha parte pero o resto continúa exactamente igual que hai anos, e con perigo para os nenos que o frecuentan.

Algo parecido sucede co novo local que construíron en Reboredo, continúan os populares. “Un edificio que segue pechado, non sabemos con que finalidade se fixo, mostra signos de absoluto abandono e, ademáis, xa comeza a deteriorarse”.
Para Leiva “son algúns dos exemplos que amosan a desidia e o desinterese de Cacabelos e do seu goberno respecto ás familias que residen nesta parroquia. Un capítulo aparte merecen o transporte, as comunicacións e, sobre todo, a pouca consideración cara as persoas maiores de San Vicente”.

Relacionadas

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

O Concello asegura que o ascensor da piscina municipal quedará arranxado nos próximos días...

0
O concelleiro de Deportes, Antonio Traba, saíu esta mañá ao paso dalgunhas das críticas dos usuarios da piscina municipal, debido ás deficiencias que se...

A deputada Isabel Couselo supervisa en Portas as obras na EP-8004 Caldas-Vilanoviña, nas que...

0
Na súa visita percorreu xunto co alcalde de Portas, Ricardo Martínez, un tramo no que se están a executar as obras de renovación de...

O BNG comprométese a ser a “primeira liña de defensa” de Vigo fronte ao...

0
As deputadas e o deputado do Bloque pola cidade Alexandra Fernández, Carmela González e Brais Ruanova trasladan as principais liñas de actuación da fronte...

A Deputación de Pontevedra aconsella tratar as camelias ante os pulgóns e o ácaro...

0
A Estación Fitopatolóxica de Areeiro recomenda manter a vixilancia ante o mildio nas viñas, así como revisar os buxos por se se precisa tratar...

Publicacións Relacionadas