Home Pontevedra Caldas O PP esixe ao Goberno local que corrixa o convenio do polígono...

O PP esixe ao Goberno local que corrixa o convenio do polígono da Ran para evitar unha catástrofe económica máis grave da que xa soporta o Concello de Cuntis

- Anuncio -

• Advirten que pretende que SEA e Zona Franca se leven todos os beneficios económicos pola venda do solo industrial, pero asumindo só unha parte da inversión.


• O concello terá que asumir, como mínimo, 6M€, xunto co resto de indemnizacións, imprevistos e demais condicións abusivas que se impoñen.


• Os populares presentaron alegacións para que se eliminen estas cláusulas e se asine un bo convenio para Cuntis.

O Partido Popular esixe ao Goberno local que corrixa o convenio do polígono da Ran para evitar unha catástrofe económica máis grave da que xa soporta o Concello de Cuntis.

A candidata e voceira, Isabel Couselo, explica que con ese convenio o grupo socialista de Cuntis pretende que as entidades Suelo Empresarial del Atlántico (SEA) e Consorcio Zona Franca de Vigo se leven tódolos beneficios económicos pola venta do solo industrial que se xere no polígono de A Ran, pero asumindo só unha parte da inversión. Cifran como mínimo en 6.000.000 € a cantidade que terá que asumir o Concello de Cuntis, xunto co resto de indemnizacións, imprevistos e demais condicións abusivas que se lle impoñen nese convenio que negociou o grupo socialista.

Recordan que se levan perdidos moitos anos sen dar ningún paso, e aseguran que nos case últimos oito anos de goberno do grupo socialista o único que fixeron foi presentar agora, a uns meses das eleccións municipais, un convenio coas peores condicións posibles que se podían elixir. Di que para os populares é unha prioridade o desenvolvemento do parque empresarial como motor fundamental para a creación de postos de traballo e o crecemento económico de Cuntis, pero non a través dun convenio coas peores condicións e cunhas cláusulas abusivas. Por ese motivo, o PP de Cuntis acaba de presentar alegacións, dentro do prazo de exposición pública, para que se eliminen as cláusulas prexudiciais e se firme o antes posible un bo convenio para Cuntis que faga realidade o polígono industrial.

Declara Isabel que “lamentablemente isto non o podemos permitir porque nos levaría, sen ningunha dúbida, cara a quebra e bancarrota do noso concello, tendo en conta a súa complicada situación económica, a súa falta de liquidez, intervido polo Estado e cun plan de axuste ata 2034, que impide concertar ningún crédito mais para inversións. E de tódalas condicións posibles, o grupo socialista comprometeuse a asumir as máis lesivas para o Concello de Cuntis, levándoo cara a bancarrota segura; e sería unha barbaridade e irresponsabilidade por parte do Alcalde, firmar ese convenio sen corrixilo, que é o que demandamos desde o PP de Cuntis”.

A voceira di que resulta “incomprensible” que o alcalde estea, nin sequera, valorando a posibilidade de asinar “este documento que asumiría ao noso concello nunha situación de catástrofe económica”. Nesta liña, di que “ou é un irresponsable e temerario ou é que sabe que este convenio non vai a prosperar, que están vendendo fume e titulares para finxir que fan algo con respecto ao polígono antes das eleccións municipais”. Recorda que ata o momento Zona Franca e a SEA, que son as novas plataformas de propaganda política dos socialistas na provincia, fixeron moitos anuncios na provincia pero non fixeron un só investimento. “Só se encontran exemplos de declaracións de intencións e de futuros estudios, nunca de compromisos en firme nin de polígonos executándose”, engade.

Como exemplos, sinala que hai máis de un ano anunciaron para Cuntis un estudo de viabilidade, do que depende todo o convenio do polígono da Ran, “que ía ser o primeiro paso e que agora descubrimos que non está nin feito”. Por iso, lamentan que a segunda opción, “tamén negativa para os intereses de Cuntis”, é que de momento non hai vistas a contar co desenvolvemento do Polígono da Ran.

Relacionadas

A Biblioteca Municipal de Mos María Magdalena inaugúrase cunha ampla representación da gran familia...

0
O novo conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, José López Campos, asistiu ao que foi un acto tremendamente emotivo e familiar A Biblioteca Municipal...

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

Publicacións Relacionadas