Home Pontevedra Caldas O PP esixe ao Goberno local responsabilidades políticas tras ratificarse a condena...

O PP esixe ao Goberno local responsabilidades políticas tras ratificarse a condena que lle custará aos veciños máis de 800.000 euros

- Anuncio -

• Fernando Pérez: “a inaptitude dos gobernos socialistas tráenos aos caldenses o regalo de Reis máis amargo”.


• Recorda que, ademais desta cifra, “e por este mesmo asunto, xa se pagaron numerosas multas coercitivas ao alcalde, ao derribo parcial do edificio e todos os procesos e alegacións dun proceso que dura xa 20 anos”.


• “Neste procedemento, como en outros, non se preocuparon de defender xuridicamente as licencias asinadas, no inicio do procedemento deixaron a defensa nas mans da dirección letrada da promotora”.

O Partido Popular de Caldas reclama responsabilidades políticas ao Goberno local pola recente resolución do Tribunal Supremo, que inadmite o recurso de casación na sentenza que condena ao Concello de Caldas a indemnizar con 672.000 euros, máis intereses e costas, a unha promotora ao anularse a licencia de obra do edificio número 57 da rúa Real. O voceiro local, Fernando Pérez, considera que “é o exemplo máis grave e ilustrativo do desastre da política urbanística dos sucesivos gobernos socialistas no noso concello” e explica que os veciños de Caldas de Reis terán que asumir máis de 800.000 euros, xa que aos 672.000 euros hai que incluír os intereses, a defensa xurídica e as costas. “A inaptitude dos gobernos socialistas, do que o alcalde e algún que outro concelleiro forman parte desde hai anos, tráenos aos caldenses o regalo de Reis máis amargo”, lamenta.

Pérez di que “a sentenza é firme, polo tanto chegou o momento de asumir responsabilidades. A este Goberno e aos responsables políticos este desastre non lles pode saír gratis, porque para os caldenses esta sentenza supón un tremendo machetazo aos recursos municipais”. Recorda que, ademais desta cifra, “e por este mesmo asunto, xa se pagaron numerosas multas coercitivas ao alcalde, ao derribo parcial do edificio e todos os procesos e alegacións dun proceso que dura xa 20 anos”, e que en total, poderían chegar ao 1,5M€.

Todo isto arranca cunha sentenza do ano 2002 que anulaba unha licencia de obra dun edificio e no que o equipo de goberno non defendeu axeitadamente os intereses do Concello “nun acto de inconsciencia absoluta tendo en conta o que estaba en xogo. Neste procedemento, como en outros, non se preocuparon de defender xuridicamente as licencias asinadas, no inicio do procedemento deixaron a defensa nas mans da dirección letrada da promotora”. Por iso, sosteñen que “este é un claro exemplo do que ocorre cun Goberno esgotado e sen proxecto político, que nin goberna, nin defende axeitadamente os intereses dos veciños, pero o que peor, nin asume responsabilidades polas súas tremendas desfeitas que afectan a todos os caldenses”.

Pero o colmo, engaden, é que agora intenta que o problema xerado polo seu desgoberno o solucionen outros, e que o afronte o novo Goberno que xurda das eleccións municipais de maio. “Nun exemplo de cinismo, o alcalde asina unha providencia o 15/12/2022 na que insta á Intervención municipal a que emita un informe das posibles medidas a adoptar para o cumprimento da sentenza, pero xa na propia Providencia indica o seu pagamento verase demorado, cando menos, ate o remate do primeiro trimestre do 2023”.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas