• O partido máis votado amoesta ao BNG por non formalizar o contrato durante o 2024 con ningunha empresa, “causando un prexuízo á hostalería e ás comunidades de veciños que tiveron que recorrer a servizos particulares”
• Martínez insta o goberno local a adoptar medidas: censo de aves urbanas, control poboacional, limpeza e mantemento urbano, educación e concienciación cidadá, e avaliación periódica
O grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra esixiu retomar o control poboacional de aves urbanas na cidade do Lérez “pola presenza descontrolada de gaivotas e pombas que xeran múltiples problemas, entre os que destacan tanto danos materiais como riscos para a saúde das persoas”.
A concelleira popular Raquel Martínez presentou unha proposición para instar, á xunta de goberno local, a adoptar as medidas necesarias para o seu control poboacional, debido a que estes animais poden ser portadores de enfermidades como a ornitosis, criptocosis e salmonelosis que poden transmitirse aos seres humanos a través dos seus excrementos ou plumas, ademais de ser responsables de alerxias diferentes.
Doutra banda, o anidamiento destas aves nos tellados dos edificios produce numerosos danos pola acumulación de residuos, roturas de tellas e obstrucións de canlóns. Os seus excrementos deterioran fachadas e mobiliario urbano que xeran custos de limpeza e mantemento adicionais.
Caso aparte son os “prexuízos á hostalería coa desfeita diaria de vaixela, cristalería e mobiliario que causa perdas económicas importantes para os negocios, ademais de provocar un descenso da clientela nas terrazas”, manifestou Martínez.
O partido máis votado da cidade amoestou ao goberno do BNG por non formalizar o contrato durante o 2024 con ningunha empresa, despois dunha década con esta prestación, o que derivou en que “as comunidades de veciños tivesen que recorrer a servizos particulares, co custo económico que lles supuxo”, engadiu.
O PP de Pontevedra considera “fundamental” a contratación continuada deste servizo para manter un control das poboacións de aves na cidade e, por iso, instará á xunta de goberno a realizar un estudo para identificar os exemplares, así como as zonas de maior concentración, os seus puntos de anidación e o seu comportamento.
Así mesmo, as empresas especializadas deberán encargarse de revisar os tellados para realizar a retirada de niños e quitar o leito que constrúen as aves para mantelos limpos, evitando así que obstruyan as canalizacións de augas pluviais.
Outra das tarefas para reforzar, que explicou a edil popular, é “o reforzo da limpeza para previr, por unha banda, acumulacións de excrementos que poidan deteriorar o mobiliario urbano, así como evitar a acumulación de lixo fóra dos contedores que poden servir de alimento para gaivotas”.
Tamén contemplou o desenvolvemento de campañas informativas para sensibilizar á poboación sobre os riscos asociados a estas aves e a importancia de non alimentalas ou tocalas coas mans.
Por último, crear un sistema de seguimento continuado para avaliar o impacto das medidas implementadas e realizar axustes de ser necesarios.