Home Pontevedra O PP esixe solucións urxentes para a rede de sumidoiro e o...

O PP esixe solucións urxentes para a rede de sumidoiro e o abastecemento de auga en Ponte Sampaio

- Anuncio -

• Otero solicita crear “un abastecemento municipal complementario e non que o Concello asuma a xestión do sistema actual de traídas veciñais, como pretende enganar o BNG”

• A concelleira denunciará a situación obsoleta da rede de sumidoiro da parroquia, que leva décadas sen unha intervención integral: “O colector xeral segue sendo de formigón en lugar de PVC, o que provoca constantes deficiencias”

A concelleira do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra, Aroa Otero, presentou unha moción para abordar dúas demandas históricas da parroquia de Ponte Sampaio como é a mellora da rede de sumidoiro e a creación dun abastecemento municipal de agua que complemente o sistema actual dos veciños.

No pleno ordinario do 17 de febreiro, o PP local denunciará a situación obsoleta da rede de sumidoiro da parroquia, que leva décadas sen unha intervención integral. “O colector xeral segue sendo de formigón en lugar de PVC, o que provoca constantes deficiencias”, explicou a edil popular en rolda de prensa.

Ademais, destacou que a falta de separación entre augas pluviais e fecais causa desbordamentos na zona da Xunqueira durante episodios de choiva intensa, afectando gravemente á calidade de vida dos veciños.

Otero sinalou que esta situación tamén repercute no concello veciño de Soutomaior, cuxa depuradora debe asumir un gasto enerxético e económico debido á deficiente rede de saneamento de Ponte Sampaio. Ante isto, o PP propón que o Goberno local aproveite as obras previstas pola Xunta na estrada PO-264 para incluír a renovación da rede de sumidoiro.

Outro dos problemas que destacou a concelleira foi a escaseza de auga potable, especialmente nos meses de agosto e setembro, cando o consumo permitido por usuario descende drasticamente de 2.000 a 600 litros diarios. “Esta realidade prexudica especialmente aos negocios de hostalería, como bares, restaurantes e albergues, limitando o seu crecemento e dificultando o desenvolvemento económico da parroquia”, afirmou.

A responsable da parroquia no partido máis votado da cidade aclara que “non estamos solicitando que o Concello asuma a xestión do sistema actual de traídas veciñais, como pretende enganar o BNG, senón crear un abastecemento municipal complementario que garanta a dispoñibilidade de auga nos momentos de maior necesidade”.

Unha problemática que non é exclusiva de Ponte Sampaio, senón que afecta a outras parroquias do rural pontevedrés, como Bora, onde moitas vivendas non contan cun acceso adecuado a servizos básicos como auga potable e o saneamento.

Por todo isto, o PP buscará o apoio dos outros dous grupos da corporación para instar ao Concello de Pontevedra a mellorar a rede de sumidoiro de Ponte Sampaio, coordinando os traballos coas obras da Xunta de Galicia na PO-264, crear unha rede de abastecemento municipal de auga que complemente o sistema actual e permita un desenvolvemento económico da parroquia e poñer fin á discriminación que sofren as parroquias do rural no acceso aos servizos básicos.

Otero concluíu cun tirón de orellas ao Goberno nacionalista por “levar anos facendo promesas que non cumpre, para despois lanzar escusas” e comparouno coas “solucións concretas e realistas que propoñemos dende a oposición”.

Relacionadas

O concello de Bueu organizará as II Xornadas de Exaltación do Polbo que se...

0
Os locais hostaleiros interesados en participar poderán inscribirse antes do 1 de marzo de forma presencial, por correo electrónico ou teléfonoSilvia Carballo, concelleira de...

Novos cursos Celga no concello de Ponteareas

0
O Concello de Ponteareas informa da nova convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios para a obtención dos Celga 2, Celga 3 e Celga...

Rafa Domínguez avanza que as xestións coas clarisas para manter o patrimonio histórico, artístico...

0
“Lores fixo un mal negocio, unha pésima xestión cuxa consecuencia está a ser  o traslado a Santiago do retablo do convento de Santa Clara,...

0
O deputado de Dinamización do Medio Rural participa na visita da oficina itinerante do programa AceleraPyme a Maceda O deputado de Reto Demográfico e Dinamización...

A Deputación convoca as axudas dirixidas aos servizos de normalización lingüística das entidades locais...

0
As entidades locais teñen un mes de prazo para presentar as solicitudes para estas axudas destinadas a crear ou manter e reforzar servizos destinados...

O BNG convídate a participar nos plenos municipais

0
O pleno terá lugar o luns 13 de febreiro, ás 20:00 horas, no salón de plenos do Concello de Marín e poderá seguirse de...

Publicacións Relacionadas