HomePontevedraO PP estuda a posibilidade de recorrer os Orzamentos do Concello ante...

O PP estuda a posibilidade de recorrer os Orzamentos do Concello ante as “graves irregularidades” na tramitación dos mesmos

- Anuncio -spot_img

“Estamos a estudar todas as medidas co fin de salvagardar a legalidade do documento máis importante de todos os pontevedreses.

A tramitación das contas municipais foi unha auténtica chapuza” Os populares ampáranse nun informe emitido polo Secretario que advirte das irregularidades de diferentes convocatorias: “En 3 días convocouse catro veces a comisión para emendar o erro do erro”

A concelleira do Partido Popular de Pontevedra, Pepa Pardo, lamentou este martes a “tramitación irregular” dos Orzamentos do Concello. A popular avanzou que a súa formación xa está a estudar a posibilidade da interposición de accións legais “co fin de salvagardar a legalidade do documento máis importante de todos os pontevedreses”. Un informe do Secretario xa advertía das irregulares en diferentes convocatorias. Neste documento ampáranse os populares para iniciar o estudo do posible recurso aos Orzamentos. As convocatorias para a Comisión de Economía e Facenda previas á aprobación definitiva das contas municipais foron emitidas fóra dos prazos legais, incumprindo os tempos previstos pola Lei, o que provoca que “os trámites fosen irregulares de principio a fin”. “A aprobación dos Orzamentos foi irregular”, defendeu Pardo. “En tres días convocouse catro veces a mesma comisión para emendar o erro do erro. O Concello cría que as alegacións presentadas habían chegado fóra de prazo, e resulta que chegaran en tempo e forma. Iso provocou que fixesen unha auténtica chapuza”.

Publicacións Relacionadas