Home Pontevedra Caldas O PP evidencia no Parlamento galego que non lle interesa mellorar o...

O PP evidencia no Parlamento galego que non lle interesa mellorar o PAC de Caldas

- Anuncio -

A iniciativa do BNG pretendía a volta dun segundo médico ao PAC de Caldas e a dotación de dous equipos profesionais completos

Esta mañá, o deputado Luís Bará denunciou na Comisión 5ª do Parlamento galego os recortes que a Xunta do PP leva practicado no PAC de Caldas nos últimos meses. O peor recorte posíbel no peor momento posíbel, xa que se produciu cando precisamente a pandemia da COVID rexistraba cifras récord de contaxios entre as veciñas e veciños dos concellos afectados.

Listas de agarda de máis de tres horas
A situación é de tal embergadura que as agardas de pacientes durante horas diante do PAC para ser atendidos polas tardes se converteron na estampa diaria habitual do Paseo Román López.

Os propios profesionais teñen denunciado a través dos medios de comunicación a tremenda
presión asistencial que teñen que atender en cada turno de traballo e as agardas de máis de tres horas ás que se ven obrigadas as pacientes en non poucas ocasións.

Sen embargo, lonxe de ofrecer respostas ou solucións, o director xeral de asistencia sanitaria, Jorge Aboal, limitouse a poñer escusas de mal pagador, negando os recortes na Sanidade Pública e atrevéndose incluso a bromear con un burlesco “estamos trabajando en ello e seguimos trabajando en ello”.

“O desprezo co que trata a Xunta do PP ás veciñas e veciños de Caldas é absolutamente
inaceptaábel” afirmou Manuel Fariña. “Que todo un director xeral da Xunta de Galiza teña o
atrevemento non só de negar a realidade que se vive cada día no Centro de Saúde de Caldas, e aínda por enriba se permita o luxo de facer bromas sobre o tema deixa ben claro que para o Partido Popular a saúde das veciñas e veciños de Caldas e da súa comarca non é importante” sentenciou o portavoz municipal.

Dende o BNG sempre defendemos o dereito das veciñas e veciños de Caldas a poder contar con unha Sanidade Pública de primeira, polo que defendemos non só a volta do segundo médico do PAC senón a dotación de dous equipos profesionais completos para atender este servizo de urxencias extrahospitalarias, que atende nada máis e nada menos que a 21.000 persoas dos concellos de Caldas, Cuntis, Moraña e Portas.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas