HomeTabeirósA EstradaO PP fai un uso partidista dos alcaldes de barrio

O PP fai un uso partidista dos alcaldes de barrio

- Anuncio -spot_img

Os alcaldes de barrio, así como as ferramentas e canles de comunicación creadas para a xestión municipal, deben de estar ao servizo dos veciños e veciñas, non do PP

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) da Estrada manifesta o seu rexeitamento firme e a súa preocupación pola utilización partidista de canles e ferramentas creadas para a xestión municipal e a atención das parroquias por parte do alcalde da Estrada.

Ademais, esta práctica promove unha lectura homoxeneizadora da realidade plural dos cidadás do noso concello ao pretender naturalizar a adscrición ao PP entre a veciñanza. Presentar como “espazo de debate” actividades que son, en esencia, actos ou campañas de partido é enganoso: os congresos e xuntanzas internos non dan marxe de decisión á cidadanía nin substitúen os mecanismos formais de participación municipal.

Por todo iso, o BNG esixe ao Alcalde da Estrada as seguintes medidas inmediatas:

  • Cesamento inmediato de calquera uso partidista das contas e ferramentas de comunicación municipal destinadas á xestión e á atención das parroquias.
  • Restitución da autonomía das canles xestionadas polos alcaldes de barrio, garantindo que se utilicen exclusivamente con fins administrativos e informativos, sen instrucións ou contidos de carácter partidista.
  • Aclaración pública e transparente sobre os contidos difundidos: indicación expresa de se empregaron recursos municipais na súa elaboración ou difusión.
  • A apertura dun procedemento interno de revisión para supervisar ou uso das comunicacións institucionais, coa adopción de medidas correctoras se se acreditan irregularidades.
  • A convocatoria, con carácter urxente, dunha comisión informativa municipal
  • O BNG lembra que a neutralidade das institucións, a transparencia e a protección dos auténticos espazos de participación cidadá son fundamentais para a democracia local. Non admitiremos a instrumentalización das canles públicas para fins partidistas .

Publicacións Relacionadas