Home Tabeirós A Estrada O PP inclúe nas súas emendas aos Orzamentos Xerais proxectos para A...

O PP inclúe nas súas emendas aos Orzamentos Xerais proxectos para A Estrada, Cerdedo-Cotobade e Forcarei por valor de 1,8M€

- Anuncio -

O Partido Popular inclúe nas súas emendas aos Orzamentos Xerais do Estado para 2023 proxectos para os concellos da Estrada, Cerdedo-Cotobade e Forcarei por valor de 1,8 millóns de euros. O deputado nacional e tenente de alcalde da Estrada, Juan Constenla, xunto ao alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e a voceira de Forcarei e deputada autonómica, Belén Cachafeiro, visitaron esta mañá a N-541 ao seu paso por Soutelo de Montes, en Forcarei, estrada nacional que tamén cruza Cerdedo-Cotobade e para a que os populares solicitan o grueso dos proxectos para esixir melloras na seguridade viaria para os veciños.

En Soutelo de Montes, os populares reclaman investimentos para mellorar a seguridade viaria e arranxar as beirarrúas, que están nun estado de deterioro lamentable. Ademais, ao paso da N-541 por Cerdedo-Cotobade, piden que o Goberno central inclúa nos orzamentos para o ano próximo o proxecto do enlace de Cutián e O Cábado, a rotonda este de Cerdedo e a senda peonil entre Calvelo e Tenorio. “Son reclamacións históricas, que viñamos traballando con Ana Pastor e o Goberno do PP e desde 2019, co goberno do PSOE, non volvemos a saber nada”, sinala Cubela.

A maiores, as emendas do PP volven a recoller que se inclúa unha partida real para a Variante da Estrada, un proxecto vital para este concello e que leva paralizado varios anos. Explican que nesta comarca, é único proxecto que conta no orzamento cunha partida, pero que resulta insuficiente para iniciar os trámites e por iso solicitan que se amplíe a un millón de euros. Din que é unha demanda histórica para evitar tráfico rodado polo centro da Estrada. “Debe de ser o único concello que está cortado por unha nacional con tanto tráfico, o que provoca caos na circulación pero tamén moita inseguridade viaria e numerosos sinistros”. Por iso, Constenla insiste en que “o importante é que a execución das infraestruturas aparezan reflectidas nos orzamentos xerais con partidas reais, porque esa é a única garantía de que as cousas se poden facer, e non aparecen”.

MÁIS DE CEN EMENDAS PARA A PROVINCIA
Os deputados nacionais da provincia rexistraron máis de cen emendas da provincia aos Orzamentos Xerais do Estado para 2023, que ascenden a 331 millóns de euros. Unhas emendas que son froito do traballo e da colaboración permanente cos concellos, o que permite “trasladar a Madrid os proxectos e as necesidades reais da provincia, ante uns orzamentos que teñen grandes carencias para Pontevedra”, sinala Constenla. Recorda que os orzamentos máis expansivos conxelan as partidas que destinan para Galicia, “uns orzamentos para esta provincia desoladores e cun porcentaxe de execución que, neste ano 2022, foi do 28% en Galicia. Ademais de ter malos orzamentos, non executan”, denuncia.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas