O PP incumpre (unha vez máis) a ordenanza municipal de normalización lingüística

adminON
Lectura mínima de 2

Xoán Reices: “Isto non son despistes, é un desleixo reiterado do PP cara a nosa lingua”

O goberno municipal do PP iniciou esta semana o cambio dos sinais das rúas da vila, un cambio que non deixou indiferente ao BNG, que pide ao alcalde, a través do seu portavoz municipal, Xoań Reices, que “respecten a nosa lingua e os nosos topónimos”.

Segundo explicou o concelleiro nacionalista, “veciñas e veciñas alertáronos de que os sinais non respectan os nosos topónimos, como por exemplo o novo sinal que identifica a Avenida Ponteareas, o concello colocou “Puenteareas” ou “Bouza Brei” con i grego”.

Para o Xoán Reices, “isto non son despistes, é un desleixo reiterado cara a nosa lingua, e ten responsábeis, porque alguén do goberno municipal do PP tivo que pasarlle á empresa que fixo os sinais o nome das nosas rúas e pasoullos mal”. “Estes ‘despistes’”, sinala o concelleiro do BNG, “incumpren non só ordenanza municipal de normalización nosa lingua aprobada polo pleno da corporación municipal, senón a lei de normalización lingüística da Xunta de Galicia”.

“Desde o BNG instamos ao goberno municipal a rectificar a a corrixir os sinais instalados na vila”, reclama Reices, “e agardemos que o fagan, porque no rural aínda hoxe hai pendentes de colocar ou recolocar algúns sinais que esta mal, aínda que por outros motivos”.

Por outra parte, o concelleiro do BNG, tamén pide ao concello “colocar ben os sinais para que os veciños e veciñas entendan en que rúa están, porque tamén temos constancia que queixas veciñais neste sentido”.

Comparte este artigo