HomePontevedraPontevedraO PP inicia na Seca o seu percorrido polos barrios da cidade...

O PP inicia na Seca o seu percorrido polos barrios da cidade para fixar as necesidades veciñais: “Reclamamos investimentos despois de case dúas décadas de desamparo”

- Anuncio -spot_img

O presidente do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado de varios concelleiros, percorreu o barrio coa presidenta da asociación veciñal, Adela Vermello (coñecida como Branca), e decenas de residentes no barrio

A concelleira Pepa Pardo presentou hai ano e medio un plan de mellora para o barrio, ao cal BNG e PSOE votaron en contra: “O Goberno local segue empeñado en non destinar nin un só euro en liquidar as carencias da Seca”

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado de varios concelleiros, iniciou na Seca o percorrido que os populares realizarán semanalmente polos barrios da cidade co obxectivo de fixar as necesidades e demandas veciñais e comprobar o estado destes espazos. Neste traxecto participou a presidenta da asociación veciñal, Adela Vermello (coñecida como Branca), e decenas de residentes no barrio.

“Son obvias as carencias que por desgraza sofre da Seca, un barrio cun tremendo potencial. Pasaron case dúas décadas desde que o Concello destinou o último investimento a actuacións de mellora do barrio e entendemos completamente a situación que sofren os veciños, que o único que piden é atención por parte do Goberno local”, explicou o presidente dos populares.

Hai un ano e medio, a concelleira popular Pepa Pardo presentou un plan de humanización integral da Seca, ao cal o BNG e o PSOE opuxéronse. A edil, no documento, entre outras cousas, solicitaba o arranxo das beirarrúas con baldosas rotas e con pequenas fochas, a roza das beirarrúas e a reposición do mobiliario urbano roto ou en mal estado. Ademais, Pardo esixía un plan de desratización para a zona. “É sorprendente que neste espazo de tempo non se levou a cabo nin unha das propostas, que, xunto cos veciños, fixemos chegar o Goberno local”, engadiu Domínguez.

Nesta liña, Domínguez especificou que, no barrio, con máis de 9.000 metros cadrados de titularidade municipal, non se executou ningún dos prometidos proxectos como un parque infantil e unha zona de recreo.

O popular comparte cos veciños a necesidade dun plan de actuación urxente para poñer “fin á lista de deficiencias que calquera veciño pódeche enumerar”: “Só fai falta que o alcalde salga do seu despacho e decida poñer un pé na Parda. Pero todos sabemos que esa imaxe, por desgraza, non a imos a ver”.

Publicacións Relacionadas