Home Pontevedra O PP insta ao Concello a poñer en marcha de inmediato o...

O PP insta ao Concello a poñer en marcha de inmediato o Consello Sectorial de Accesibilidade

- Anuncio -

• A proposta ten o obxectivo de “potenciar a participación das persoas con discapacidade nas políticas municipais de atención, integración social e calidade de vida”

• A formación traballa, en coordinación coas entidades sociais de Pontevedra, para facer máis proposicións que “nos axuden a dar voz a estes colectivos”

O Partido Popular de Pontevedra instará o goberno local á “posta en marcha inmediata” do Consello Sectorial de Accesibilidade, despois de que as concelleiras Pepa Pardo e Silvia Junco reuníronse coas asociacións Amencer-Aspace, Amizade, AFAPO, ASSEI, CEDDD, Xoán XXIII e XOGA na sede local da formación.

O PP presentou unha moción para “dar voz a estes colectivos que nos axudan a asesorar en ámbitos fundamentais para o avance social de Pontevedra como son as melloras en materia de diversidade funcional, inclusión e accesibilidade universal”.

A proposta do partido máis votado da cidade ten o obxectivo de “potenciar a participación das persoas con discapacidade nas políticas municipais de atención, integración social e calidade de vida”, informou Junco.

O Consello Sectorial de Accesibilidade é un órgano colexiado de participación sectorial, consultivo e non vinculante que forma parte da organización complementaria municipal; cuxo fin é a consulta, asesoramento, fomento e proposta en todos os asuntos que constitúen os obxectivos do mesmo.

Junco incidiu en que “non pode existir unha Pontevedra das persoas se non escoitamos as útiles achegas que fan as entidades sociais” e lamentou que “os concelleiros nacionalistas presumen de ter unha capital de provincia integradora, pero cónstanos, a través de reunións periódicas cos colectivos afectados, que isto non é así”.

O PP reafirmou o seu apoio ás reivindicacións das actividades sociais da Boa Vila e situou a integración das persoas con discapacidade en “unha das nosas prioridades, desde a oposición, para lograr unha inclusión plena. Para iso, “estamos a traballar con todas as entidades para facer máis proposicións”, avanzou.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Redondela celebra o Día Internacional da Diversidade Funcional esixindo “dereitos, non favores”

0
Como exemplo de adaptación inaugurouse esta mañá un semáforo con pictogramas na estrada de Vigo, na zona do Salgueiral. Deste xeito favorécese a comprensión...

Publicacións Relacionadas