• “A Peregrina debería ser un escaparate do mellor de Pontevedra, pero este ano volvemos ter unhas festas con pouca ambición e sen novidades que atraian tanto a pontevedreses como a visitantes. O Concello volveu a desaproveitar unha ocasión única para demostrar que somos capital de provincia”, afirma a edil popular Silvia Junco.
O Partido Popular de Pontevedra lamenta que, un ano máis, as Festas da Peregrina non estean á altura do que a cidade merece como capital de provincia.
Desde o PP esperabamos unha programación máis ambiciosa por parte do goberno local do BNG, con grupos de maior nivel e propostas máis orixinais, capaces de situar a Pontevedra no lugar que lle corresponde dentro do panorama cultural galego. Con todo, o que vimos é unha oferta repetitiva e pouco innovadora, que volve deixar á nosa cidade á cola, mentres outros municipios próximos apostan por espectáculos de calidade e maior proxección.
“A Peregrina debería ser un escaparate do mellor de Pontevedra, pero este ano volvemos ter unhas festas con pouca ambición e sen novidades que atraian tanto a pontevedreses como a visitantes. O Concello volveu a desaproveitar unha ocasión única para demostrar que somos capital de provincia”, afirma a edil popular Silvia Junco.
Este novo desencanto é un claro exemplo da desidia crónica de quen leva 26 anos gobernando a cidade. Tras máis de dúas décadas á fronte xa non hai novas ideas, nin vontade de mellorar, nin capacidade de innovar…
“Pontevedra, unha vez máis, queda estancada mentres o resto de cidades avanzan, perdendo oportunidades de ser un referente cultural e festivo, e deixando claro que a pasividade se ha instalado definitivamente no goberno local de Lores”.
O Partido Popular seguirá reclamando ao goberno municipal unha programación festiva á altura da capital da provincia, que combine tradición con modernidade, e que sitúe dunha vez por todas a Pontevedra no lugar que se merece.
“Os pontevedreses merécense unhas festas que combinen tradición con propostas culturais e musicais de primeiro nivel. O goberno local, en lugar de apostar pola innovación e a calidade, confórmase cunha programación de mínimos que nos relega, unha vez máis, á cola de Galicia”.