Home Pontevedra O PP lamenta que o contrato de lixos quedase deserto: “Somos a...

O PP lamenta que o contrato de lixos quedase deserto: “Somos a única capital onde ningunha empresa interesouse por unha adxudicación así”

- Anuncio -

• O concelleiro do Partido Popular, Pablo Fernández, expresou a súa profunda preocupación e decepción pola noticia de que o novo contrato de lixos en Pontevedra quedou deserto: “É alarmante”

• O Concello pagou case 70.000 euros a unha empresa para guiar esta licitación: “O Concello contratou un servizo que fracasou. Pedimos crear unha mesa de traballo para canalizar a situación”

• O feito, para Fernández, afecta directamente á calidade de vida dos veciños, “cunha cidade cada vez máis sucia”, “e resulta inaceptable que non se conseguise atraer propostas nun contrato de tal magnitude”

O concelleiro do Partido Popular de Pontevedra, Pablo Fernández, expresou a súa profunda preocupación e decepción pola noticia de que o novo contrato de lixos en Pontevedra quedou deserto. Segundo relata o propio edil, “a nosa cidade convértese na única capital de provincia onde un contrato tan importante como este non atopou ningunha empresa interesada na súa adxudicación”.

Este feito, para o popular, “é sumamente preocupante”, xa que afecta directamente á calidade de vida dos veciños de Pontevedra e “pon en evidencia unha falta de interese por parte do Concello para conseguir que as empresas presten un servizo esencial”. A recollida e xestión de residuos é unha responsabilidade fundamental de calquera administración municipal, di Fernández, “e resulta inaceptable que non se logrou atraer propostas nun contrato de tal magnitude”.

Fernández lembrou que o Concello pagou 66.550 euros á empresa Lagares Oca para guiar ao organismo local no proceso de licitación do novo contrato do lixo. Para o edil, o PP, como partido máis votado, “é a formación que máis se achega ao que a cidade demanda”, polo que propón que se cre unha mesa de traballo para canalizar a situación, “xa que é evidente que se fracasou e que as directrices políticas que marcan o prego son inasumibles polas empresas”.

Para o concelleiro, a cidade cada vez “está máis sucia”. Por iso, Fernández considera que é necesario analizar a fondo as causas que levaron a esta situación e tomar as medidas adecuadas para resolvela. “Non podemos permitir que Pontevedra quede atrasada neste aspecto tan relevante. É fundamental garantir un servizo eficiente e de calidade aos nosos cidadáns”, manifestou.

Pablo Fernández concluíu reiterando o compromiso do Partido Popular cos cidadáns de Pontevedra e a súa determinación para atopar unha solución eficaz e responsable a esta situación. “Non podemos conformarnos con que Pontevedra sexa a única capital de provincia nesta situación. Debemos traballar incansablemente para garantir un servizo de recollida de lixos de calidade e acorde coas necesidades da nosa cidade”, afirmou o concelleiro.

Relacionadas

O concello de Salvaterra de Miño acometerá melloras no Campo de Fútbol de...

0
O Concello de Salvaterra de Miño, a través do Plan Extraordinario de Infraestruturas  Deportivas e o Plan +Provincia da Deputación provincial realizará as obras...

Silvia Junco liderará o comité de campaña do PP de Pontevedra para as europeas

0
• A popular agradece “a confianza que Rafa Domínguez sempre depositou en min, desde que me elixiu para as carteiras de Servizos Sociais e...

O concello de Bueu organiza do 26 de abril ao 5 de maio as...

0
• Na iniciativa participan trece locais hostaleiros que ofrecerán unha gran variedade de pratos elaborados con este cefalópodo • Haberá actuacións de charangas, rutas guiadas...

A XXV Feira do Libro Galego, presentación de libros, contacontos, exposicións e un roteiro...

0
“A casa dos libros orfos” na Praza da Inmaculada abre esta programaciónDoce actividades conforman a programación do “Mes das Letras” promovida polo Concello de...

A Deputación fai pública a lista provisional de menores admitidos e excluídos para optar...

0
Récord de solicitudes neste 2024 con 4.075 menores admitidos e excluídos, un 7% máis que o pasado ano. O prazo para emendar erros esténdese...

Luis López anima os escolares do Froébel a descubrir “os segredos que agochan os...

0
O presidente provincial, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, amosa o apoio do goberno provincial á cultura e ao sector da literatura nun...

Publicacións Relacionadas