• Domínguez logrou que o BNG e o PSOE votasen a favor dunha moción, en marzo de 2023, para que o empresario pontevedrés forme parte do rueiro urbano da cidade
• Pardo esixe o cumprimento do acordo plenario e cuestiona as intencións do goberno nacionalista: “Por que votaron a favor hai 22 meses e, agora, non queren dedicarlle a rúa que merece?”
O grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra négase a votar a favor do cambio de denominación de novas vías da cidade ata que o goberno nacionalista cumpra o acordo plenario, do 20 de marzo de 2023, en relación ao recoñecemento de Magín Froiz co nome dunha rúa.
No debate da moción do presidente do PP na cidade, Rafa Domínguez, fíxose referencia á nova rúa que se abriría para unir #Luis Braille con Santa Lucía, A Curva e Pintor Urbano Lugrís. O BNG e o PSOE manifestaron a súa conformidade e, sumándose á iniciativa dos populares, puxeron en valor a figura e os logros profesionais, sociais e deportivos do empresario pontevedrés.
Desde entón, o partido máis votado da cidade non recibiu ningunha comunicación sobre este recoñecemento a “unha persoa que contribuíu notablemente ao crecemento da nosa cidade, que foi un gran xerador de postos de traballo e que sempre levou Pontevedra por bandeira”, expresou a concelleira Pepa Pardo ao saír da Comisión de Benestar Social, Cultura e Dinamización Sociocultural, celebrada este xoves no Concello de Pontevedra.
“Por respecto ao legado de Magín Froiz, hoxe informamos, aos outros dous grupos da corporación municipal, que non votaremos a favor de ningún novo nome para novas rúas ata que non se cumpra o acordo do Pleno, no que reside a vontade popular manifestada a través dos representantes políticos”, engadiu.
Pardo lembrou que, durante o debate plenario do 2023, o BNG comprometeuse a que os criterios de feminización e recuperación de topónimos tradicionais “non se aplicarían, excepcionalmente, polos méritos que avalaban a Froiz”. Os mesmos criterios que, agora, “utilizan de escusa”, engadiu.
Despois de varias preguntas en comisión, a edil do PP pontevedrés ha volto a esixir que “fagan o favor de cumprir o acordado no Pleno” e cuestionou as intencións do BNG “votando a favor en marzo de 2023 e, agora, 22 meses despois, non querendo dedicar a rúa que merece Froiz”.
Por último, pediu á cidadanía que se some a esta reivindicación e reclame ao Concello que se faga xustiza con Froiz, por todo o que representa en Pontevedra.