HomePontevedraBarroO PP pide a dimisión do concelleiro José Suárez “por usar a...

O PP pide a dimisión do concelleiro José Suárez “por usar a capela sen consentimento, por converter un lugar de culto nun encontro político e por facelo mentindo e enganando a todos”

- Anuncio -spot_img

O Partido Popular de Barro pide a dimisión do concelleiro non adscrito e secretario de Xuntos por Barro, José Suárez, despois de que transcendese unha foto dunha festa na Capela de Búa. O presidente da xestora, Eduardo Ruadas, critica que “converteron un lugar de culto para os católicos nun furancho, nunha reunión política”. Un escándalo que, din, “ten que ter consecuencias, máis cando o impulsor é un concelleiro da corporación do noso concello e o secretario xeral de Xuntos por Barro, que estaba acompañado por varios simpatizantes do seu partido”.

Recordan os populares que “non só non contaban co consentimento do cura, senón que foron máis aló, enganando e comprometendo á persoa responsable das chaves da capela. Dixéronlle que querían facer unha misa cando o que querían era convertelo nun local de festa”.

Por iso, entenden que Suárez ten que dimitir e renunciar á súa acta como concelleiro non adscrito. “Non din eles que unha imaxe vale máis que mil palabras? Pois que o apliquen. Xa sabemos que non o vai facer, por iso Landín debe esixir de forma inmediata o seu cese. Por usar a capela sen consentimento, por converter un lugar de culto nun encontro político, e por facelo mentindo e enganando a todos. Si non o fai dimitir, significa que era sabedor do que alí se estaba facendo”.

Publicacións Relacionadas