HomePontevedraPontevedraO PP pide a Lores que “deixe de mentir” e recoñeza a...

O PP pide a Lores que “deixe de mentir” e recoñeza a perda doutra subvención de 2,2M€ para o destape do Gafos

- Anuncio -spot_img

• Pardo lamenta que Pontevedra quede sen os fondos europeos Next Generation polo “deixamento do alcalde” e a “xestión errática dos seus concelleiros nacionalistas”

• Os populares aseguran que “o BNG está sen ideas nin proxecto de futuro porque lles importa máis a propaganda política que o cumprimento das súas propias promesas electorais ou a obtención de subvencións para mellorar a cidade”

A concelleira e secretaria xeral do Partido Popular de Pontevedra, Pepa Pardo, esixiu ao alcalde Miguel Anxo Fernández Lores que “deixe de mentir aos pontevedreses e recoñeza abertamente que perdeu os 2,2 millóns de euros dos fondos europeos Next Generation” destinados ao proxecto de destape do río Gafos.

O PP de Pontevedra denunciou que a perda desta subvención europea é consecuencia directa do “deixamento” e a “falta de xestión do goberno local do BNG”, ao ter que xustificar os traballos antes do 31 de decembro para poder recibir a achega económica da Unión Europea.

“O Concello de Pontevedra terá que asumir o custo total da obra, que ascende a 4,6 millóns de euros, debido á incapacidade de Lores e o BNG para sacar adiante o proxecto no prazo fixado. Unha vez máis, a incompetencia do goberno municipal redunda en prexuízo de todos os pontevedreses”, recriminou Pardo.

A edil popular ha engadido que “o BNG está sen ideas, sen proxecto e sen futuro para Pontevedra porque lles importa máis a propaganda política que o cumprimento de todas as promesas electorais ou a obtención de fondos europeos necesarios para mellorar a cidade”.

Por todo iso, Pardo pediu a Lores que “deixe de enganar aos cidadáns, recoñeza publicamente o seu erro e asuma a súa responsabilidade #ante unha mostra máis da súa pasividade e a xestión errática dos seus concelleiros nacionalistas. En definitiva, Pontevedra non pode seguir pagando o prezo da súa falta de compromiso coa capital da provincia”, concluíu.

Publicacións Relacionadas