HomePontevedraPontevedraO PP pide ao Goberno en funcións da Deputación de Pontevedra que...

O PP pide ao Goberno en funcións da Deputación de Pontevedra que paralice a toma de decisións que poden comprometer ao novo equipo

- Anuncio -spot_img

• Piden que se cancele a reunión prevista para o 5 de xuño sobre as valoracións do proxecto de Santa Clara e calquera outra que estea prevista durante o período de goberno en funcións.

O Partido Popular reclama ao Goberno en funcións da Deputación de Pontevedra que paralice a toma de decisións que poden comprometer as prioridades do novo Goberno provincial. O voceiro Jorge Cubela recorda que a partir de xullo, cando se celebre o pleno de constitución da nova corporación provincial, haberá un novo Goberno que será o que teña lexitimidade para decidir sobre os proxectos e as accións da Deputación de Pontevedra e, ata ese momento, o Goberno en funcións, por ética, prudencia e responsabilidade, non debería tomar ningunha decisión que comprometa o futuro da institución provincial.

Por iso, solicitan a inmediata cancelación da reunión prevista para o próximo 5 de xuño do xurado que vai valorar os anteproxectos de Santa Clara e calquera outra que puidera estar previsto no periodo de Goberno en funcións.

Publicacións Relacionadas