• Sinalan que a dimisión da concelleira de Cultura súmase a outros concelleiros que amagaron anteriormente con dimitir.
O Partido Popular amosa a súa preocupación pola ruptura, o cisma interno e as dimisións no Goberno local, que están provocando un espectáculo lamentable do alcalde.
“O Goberno está máis preocupado e centrado en tapar e esconder os conflictos internos dentro do seu propio equipo que en xestionar e ofrecer solucións aos veciños nuns meses moi complicados”, sinalan os populares. Din que quedan seis meses ata as eleccións de maio e Nigrán nin pode nin merece ter un Goberno e un alcalde ausentes, e aínda menos coa crise económica que está afogando a fogares e autónomos. “Necesitamos un partido unido, centrado e que xestione, e o que temos é un alcalde que minte, que xestiona por inercia e que prima a improvisación, segundo din os seus propios concelleiros”.
Consideran que as acusacións son moi graves: “falan de aleccionamento dos funcionarios para defender os intereses e mandatos do alcalde; de irregularidades, de ocultación de información pública…”.
Ademais, recordan que a dimisión da concelleira de Cultura non é o primeiro conflito interno que ten o Goberno local. Antes desta renuncia xa houbo outrso concelleiras que amagaron con dimitir polo trato e ninguneo do alcalde.
ESCOLA DE MÚSICA
O Partido Popular pedirá tamén explicacións en pleno pola denuncia feita pola ex concelleira de Cultura. “Queremos que dean a cara polo trato de favor na contratación de persoal para a Escola de Música, seleccionando, supostamente, profesores sen a titulación musical esixida e que se informe tamén do trato discriminatorio contra a anterior mestra de piano. É intolerable”.



