- O alcalde reuniuse cos deputados Ana Pastor, Diego Gago e Javier Bas para solicitar a inclusión da mellora nos próximos orzamentos
- O Partido Popular insiste na necesidade de que o Goberno Central inclúa nos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) de 2023 a remodelación da entrada ao Concello de Soutomaior a través da estrada N-550. Por iso, os deputados populares rexistraron esta semana no Congreso unha emenda para que os PGE contemplen unha partida para esta mellora na que se inclúen dúas actuacións, a creación dunha rotonda no Campo dá Feira e un acceso específico para peregrinos.
Así, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, reuniuse esta semana con veciñas e veciños de Arcade acompañado dos deputados nacionais Ana Pastor, Javier Bas e Diego Gago. “Arcade merécese un acceso seguro que garanta a seguridade de vehículos e peóns”, demandou Reguera, destacando que “se trata dunha das estradas de máis tráfico da provincia e é necesario actualizar este tramo”. - A principal mellora, para a que se solicita unha asignación de 400.000 euros, é a creación dunha rotonda na entrada de Arcade desde Redondela. Unha actuación que “sería rápida e permitiría regular o tráfico e mellorar a seguridade viaria de forma inmediata”, explicou Reguera.
- A outra actuación incluída na emenda presentada é a creación dun acceso específico para os peregrinos que chegan ao municipio mentres realizan a variante portuguesa do Camiño de Santiago. “É unha cuestión de puro lóxica”, indicou Reguera, que explicou que “con todo o tráfico pesado que circula por esta estrada é necesario protexer aos máis de 50.000 peregrinos que nos visitan cada ano”. Para esta mellora solicitouse a inclusión dunha partida de 300.000 euros nos próximos orzamentos.



