Home Pontevedra O Condado O PP presenta unha moción para que se garanta o investimento da...

O PP presenta unha moción para que se garanta o investimento da N-120 e a variante de Ponteareas

- Anuncio -

Os populares esixen a posta en marcha dunha fronte común para solicitar o investimento comprometido e convocar un gran movemento social para esixir a execución desta obra.

“O BNG ten que presionar ao seu socio de goberno (PSOE) para que se comprometa con estas melloras de forma urxente. Non é de recibo que estean a priorizar interéselos partidistas aos intereses xerais dos veciños”.

“Se o BNG quere pode presionar ata o punto de romper o Goberno co PSOE. Pero supoñemos que iso non lles interesa e que van aceptar calquera negociación aínda que supoña fallar aos veciños e á Plataforma”.

O Grupo Municipal do PP decidiu presentar unha moción ao pleno para esixir ao Goberno Central que inclúa nos orzamentos xerais do Estado as partidas que lle corresponden a Ponteareas para a mellora da N-120 e construción da variante.

“Fai menos dunha semana que se rexistrou un accidente mortal na
 N-120. Cantas vítimas máis imos ter que ver á espera de que cheguen estas melloras? O Bipartito non tivo o suficiente peso político como para conseguir o que lle corresponde a Ponteareas. O BNG debería presionar ao seu socio de Goberno (PSOE) e senón desvincularse del, xa que isto, é un novo atraso e demostra que a N-120 e a variante deixaron de ser unha prioridade para o Goberno central”. ­


Ademais, os populares esixen actuar con firmeza tanto no discurso como nas mobilizacións que deberían convocarse xa con urxencia. “Se oBipartito non toma cartas nesteasunto, falaremos coa plataforma de afectados para convocar unha granmobilización”.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas