Home Pontevedra O PP profunda no aumento das cifras de criminalidade en Pontevedra e...

O PP profunda no aumento das cifras de criminalidade en Pontevedra e relaciónao coa “crise profunda” dos servizos sociais

- Anuncio -

• Pardo solicita a activación do Consello Local de Seguridade para que “se adopten medidas urxentes para reverter o incremento de delitos”, ao mesmo tempo que critica que “Lores só bote man da Policía Local con fins recadatorios”

• Junco advirte de que a cidade está “á cabeza da clasificación de capitais de provincia pobres, sendo a que menos inviste de toda España por diante de Badaxoz e Conca”

As concelleiras do Partido Popular de Pontevedra Pepa Pardo e Silvia Junco profundaron nos datos oficiais do Ministerio do Interior que alertan de que, mentres os índices de criminalidade reducíronse en Galicia e na provincia durante o 2024, na cidade do Lérez seguen unha tendencia á alza que preocupa á oposición pola “crise profunda” que padecen os servizos sociais municipais e as persoas en risco de exclusión social.

Ao longo do mandato actual, o hartazgo do PP pontevedrés traduciuse na presentación de tres mocións, que foron debatidas no pleno da corporación, ademais de 12 notas de prensa para reclamar ao goberno local do Bloque Nacionalista Galego que deixe de permanecer “pasivo” #ante os episodios de inseguridade cidadá e proporcione os recursos necesarios á Policía Local, co obxectivo de reverter estas cifras negativas en coordinación coa Policía Nacional.

Pardo sinalou que a adopción de medidas desde a última Xunta Local de Seguridade, celebrada en marzo de 2024, entre o alcalde de Pontevedra e o Subdelegado do Goberno, foi “inexistente” a pesar da presión dos populares, que non dubidaron en sumarse a iniciativas como a recollida de firmas iniciada polos veciños da Ferrería, Oliva e Campolongo.

Pola contra, o BNG de #Miguel Anxo Fernández Lores non fixo “nada” para que os axentes municipais “gañen máis relevancia co afán de proporcionar unha contorna segura aos cidadáns”, engadiu.

Neste sentido, considera que a concelleira de Persoal, Eva Villaverde, está “inhabilitada” para dirixir o seu cargo na área de goberno que ocupa, desde o momento no que negou que a Policía Local teña competencias en materia de seguridade cando “están establecidas no artigo 53 da Lei de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado: evitar a comisión de delitos, protexer espazos públicos e manter a orde”.

Igualmente, afeou o “erro” da nacionalista no pleno ordinario de xaneiro de 2025 cando, no debate da moción do PP para adoptar as medidas necesarias para mellorar os recursos humanos e materiais da Policía Local, “confundía a diferenza entre permutas con solicitudes de traslado por mobilidade, ao negar a existencia dunha fuga de axentes a outros municipios”.

A número dous dos populares anunciou a solicitude formal de activación do Consello Local de Seguridade para que “se adopten medidas urxentes para reverter o aumento dos delitos sexuais ou dos roubos na cidade”, ao mesmo tempo que criticou que “Lores só bota man da Policía Local con fins recadatorios”.

O 2024 pechouse cun resultado negativo para Pontevedra en materia de criminalidade pero tamén na área de servizos sociais, despois de coñecerse o informe elaborado pola Asociación Estatal de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais que sitúa á Boa Vila “á cabeza da clasificación de capitais de provincias pobres, sendo a que menos inviste de toda España, por diante de Badaxoz e Conca”, explicou Junco tras advertir de que o Concello só destina 48,65€ por habitante, cando o organismo considera que o nivel de excelencia sitúase nun gasto municipal de 100 euros por veciño.

A edil popular ha comparado o suspenso de Pontevedra con respecto ao resto de capitais de provincia de Galicia, antes de concluír manifestando a “gran preocupación do grupo municipal polo escaso investimento do Concello en servizos sociais, sendo reincidentes, para máis inri”.

Relacionadas

Redondela presenta ao comercio local o plan para facer peonil o casco histórico

0
- A restrición do tráfico nas rúas Praza da Constitución, Telmo Bernárdez e Figueiral busca “mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas,...

Luis López salienta a inxección de 1M€ da Deputación para facer “máis sustentable, accesible...

0
O presidente provincial, acompañado polo alcalde e deputado Roberto Carrero, visita as obras de reforma integral que se están a executar no Bloque I...

O BNG de Vigo afea a impostura do PP coa nova A-52: “Din rexeitala...

0
A fronte nacionalista pide aos populares que “deixen de xogar á confusión” coa ampliación da autovía, lembrando que non se opuxeron á aprobación provisional...

O Concello de Mos optará a unha liña de crédito da Xunta para acometer...

0
A Comunidade de Propietarios desta urbanización privada reembolsaría a posteriori, en diversas cuotas, a inversión realizada, para así liquidar o préstamo A alcaldesa de Mos,...

A Xunta avanza para copletar este verán a humanización da Avenida de Galicia no...

0
― A Administración autonómica está a actuar nun treito de 2 quilómetros para impulsar a mobilidade segura e sostible e que suporán un investimento...

Vilaboa habilita unha canle de whatstpp para facilitar a comunicación coa veciñanza

0
Súmase á APP provincial “Meu Concello” que permite á cidadanía trasladar incidencias ou danos ao Concello desde o teléfono móbil O Concello de Vilaboa habilita...

Publicacións Relacionadas