HomePontevedraO PP propón un plan de distribución equilibrada e xusta das instalacións...

O PP propón un plan de distribución equilibrada e xusta das instalacións deportivas municipais

- Anuncio -spot_img

• O concelleiro do PP de Pontevedra Guille Juncal defenderá no próximo Pleno a posta en marcha deste instrumento: “Apostamos por un debate político e social que resulte na elaboración deste documento”

• Ademais, o popular urxiu ao Concello ao pago das subvencións aos clubs deportivos, pendentes desde 2020: “O atraso está a xerar unha situación moi complexa en gran parte destas entidades”

O Partido Popular de Pontevedra defenderá a redacción dun Plan Director de Instalacións Deportivas, un documento onde se establecerán as directrices para unha distribución equilibrada das instalacións deportivas municipais. Será o concelleiro Guille Juncal o que expoña a moción no próximo Pleno: “A xestión destas instalacións é moi mellorable e os nosos deportistas están alcanzado resultandos moi por encima dos medios que dispoñen”.

Por iso, Juncal argumenta que a elaboración deste plan supón “unha oportunidade para reflexionar sobre as demandas e necesidades” da cidade a nivel deportivo. O documento debe “sinalar as principais carencias da cidade, pero tamén as oportunidades, facendo unha análise completo sobre que tipo de instalacións son máis demandadas e que barrios e parroquias son máis deficitarios neste sentido”.

“Desde o PP apostamos por unha política deportiva xusta, sen improvisacións, e cunha folla de roteiro claro. Debemos aglutinar neste documento o sentir maioritario dos axentes implicados”, explicou o popular en rolda de prensa. Juncal, por tanto, cre necesario que se abra un proceso no que participen os todos os grupos políticos, os servizos técnicos e a cidadanía en xeral.

“Será un labor complexo e laborioso, pero cun obxectivo firme: a distribución equilibrada das instalacións deportivas, a construción de novos equipamentos e o uso eficiente dos recursos públicos para a modernización e mellora das instalacións públicas actuais”, resumiu.

Juncal aposta, por tanto, por un proceso de debate que conclúa coa elaboración deste documento, “un instrumento flexible e dinámico para ordenar a rede municipal de instalacións deportivas e que atenda ás necesidades da poboación, as particularidades da nosa cidade e a realidade dos nosos recursos”

O popular tamén se quixo referir ao pago das subvencións municipais aos clubs deportivos, pendentes desde a tempada 2020/2021. “O atraso está a xerar unha situación moi complexa en gran parte destas entidades”, explicou Juncal, que dixo que a cantidade que debe o Concello é próxima ao millón de euros.

Publicacións Relacionadas