HomePontevedraO PP propón unha liña de axuda para os gastos de comerciantes...

O PP propón unha liña de axuda para os gastos de comerciantes e hostaleiros derivados do atraso do aceso das luces de Nadal

- Anuncio -spot_img

• O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado da concelleira Pepa Pardo, percorreu varios comercios afectados pola decisión de atrasar o aceso ao 16 de decembro

• “Entendemos necesaria unha mostra de apoio de todo o Goberno local aos comerciantes e hostaleiros da nosa cidade, que se viron severamente prexudicados. Eles non deben pagar os pratos rotos dunha nefasta xestión por parte do Concello, que unha vez máis os ignora”

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado da concelleira Pepa Pardo, visitou a varios dos comerciantes e hostaleiros da cidade que se viron prexudicados polo atraso do aceso das luces de Nadal. O PP propoñerá no próximo Pleno a creación dunha liña de axuda a través da cal o Concello asumiría “os gastos que terán os traballadores que derivados deste atraso inxustificable”.

“É necesario que a Corporación municipal mostre o seu apoio unánime aos comerciantes e hostaleiros de Pontevedra, que se viron prexudicados por este apagamento inxustificado. Propoñemos que o Concello subvencione parte dos gastos que tiveron que asumir os días en que as luces de Nadal debían de estar a funcionar e non o fixeron: do 6 ao 16 de decembro, ambos os días incluídos”, explicou Pepa Pardo.

Para os populares a iluminación #do Nadal “supón un motor económico e social das cidades”: “Favorece a afluencia de turistas e visitantes, ademais de potenciar o crecemento económico da cidade”. É por iso, que desde o PP defendeuse esta acción como “un claro exemplo dinamizador da economía local”.

Sobre o contrato en cuestión, “aínda sen asinar”, Pardo explicou que os pregos do mesmo recollen que as luces deben estar instaladas e con posibilidade de funcionar antes do 6 de decembro, “algo que dubidamos cúmprase”. Neste sentido, o importe do contrato está relacionado coa duración do mesmo: “Que vai pasar coa partida de 139.000 euros se non imos ter luces durante os días que se recollen nos pregos?”.

Publicacións Relacionadas