HomePontevedraO PP provincial presenta na Deputación unha moción para instar ao Goberno...

O PP provincial presenta na Deputación unha moción para instar ao Goberno a que dea comezo de inmediato as obras de mellora viaria da N-120 ao seu paso por Ponteareas

- Anuncio -spot_img
  • A deputada provincial e alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, explicou que desde o  Concello levan máis de 8 anos reclamando melloras urxentes para o tramo da N-120 que atravesa as parroquias de Xinzo, Arnoso e Areas, que contan cun alto nivel de tráfico,- ao redor de 17.000 vehículos diarios, o que xera situacións de grave risco, tanto para os peóns como para condutores.
  • A N-120 é unha estrada nacional que comeza en Logroño e remata en Vigo. Conta cun alto nivel de tráfico diario e, nos últimos anos, sempre ten algún dos seus tramos entre os máis perigosos da Rede de Estradas do Estado.
  • Presentamos esta iniciativa na Deputación e o venres imos a cortar a N-120 porque levamos varios anos traballando xunto coa plataforma da N-120. A última reposta do Ministerio deixounos abraiados, polo que todos os grupos políticos acordamos levar a cabo distintas accións para reivindicar que se fagan e se executen as obras inmediatamente”, avanzou Nava Castro.

O Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación de Pontevedra presentará este venres no Pleno unha moción na que se insta ao Goberno de España a que dea comezo de inmediato as obras de mellora da seguridade viaria da estrada N-120 ao seu paso polo concello de Ponteareas, tal e como adiantou a alcaldesa e deputada provincial, Nava Castro.

Desde o Concello de Ponteareas levan máis de 8 anos reclamando melloras urxentes para o tramo da N-120 que atravesa as parroquias de Xinzo, Arnoso e Areas, que padecen un alto volume de tráfico e alto risco de sinistralidade. Nava Castro indicou que este proxecto de modernización desta vía nacional constitúe unha demanda histórica da vila, motivada por unha importante densidade de tráfico -ao redor de 17.000 vehículos diarios- e a proximidade deste eixo a núcleos urbanos consolidados, o que xera situacións de grave risco para os peóns e condutores.

Esta problemática situación foi reiteradamente denunciada tanto por toda a corporación municipal de Ponteareas como pola asociación veciñal Plataforma N-120, tal e como indicou a deputada provincial.

Presentamos esta iniciativa e o venres imos a cortar a N-120 á altura da Igrexa dos Remedios porque levamos varios anos traballando xunto coa plataforma e en xaneiro xa quedamos todos os grupos municipais de goberno xunto con a Plataforma N-120 de acordar e remitir ao Ministerio a inmediata execución das obras da mellora de seguridade da N-120.En vista de que non soubemos nada, volvemos remitir un escrito ao ministro Óscar Puente, que nos remitiu ao director xeral de Fomento e a súa resposta, pois en realidade deixounos abraiados, polo que todos os grupos políticos acordamos levar a cabo distintas accións para reivindicar que se fagan as obras e se executen as obras inmediatamente”, avanzou Nava Castro.

As actuacións previstas -entre as que destacan oito glorietas, sendas peonís, mellora de sinalización, balizamento e renovación do firme- son vitais para garantir a seguridade. Pero con todo, a día de hoxe o único que teñen no Concello é un proxecto en fase de redacción, sen datas nin prazos concretos para a súa licitación e execución. E ademais a derradeira comunicación oficial do Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible confirma que o proxecto de mellora da seguridade viaria no tramo urbano da N-120 en Ponteareas continúa totalmente paralizado, sen un cronograma definido nin compromiso orzamentario.

Por elo, o Grupo Provincial do Partido Popular na Deputación de Pontevedra apoia totalmente á corporación municipal de Ponteareas e á plataforma cidadá, xa que a situación actual na que se atopa esta estrada é insostible e a seguridade dos usuarios da N-120 non pode seguir en risco pola inacción administrativa do Ministerio.

Publicacións Relacionadas