Home A Paradanta A Cañiza O PP reclama á Deputación melloras na estrada provincial a Luneda, na...

O PP reclama á Deputación melloras na estrada provincial a Luneda, na Cañiza

- Anuncio -

• Jorge Cubela: “os veciños deste lugar non teñen que ser castigados por vivir no rural, deben garantirse infraestruturas e servizos que contribúan a fixar poboación e para que vivir nas parroquias non sexa un problema”.


• Miguel Domínguez denuncia que “é posible que sexa a estrada en peor estado de conservación de toda a provincia”.

O grupo provincial do Partido Popular reclama á Deputación de Pontevedra que actúe na estrada provincial EP-5206, no acceso a Luneda, na Cañiza. O deputado e voceiro local do partido, Miguel Domínguez, recorda que xa no pleno provincial do mes de febreiro reclamou ao Goberno información “sobre o estado lamentable e deterioro” desta estrada.

“É posible que sexa a estrada en peor estado de conservación de toda a provincia”, denuncia o popular, que lamenta que “é unha vergonza que a día de hoxe continúen sen contestar ao rogo feito polo PP e que non se comprometan de unha vez a arranxala”.

Para o voceiro do grupo, Jorge Cubela, é probable que esta estrada non ten as ratios de usuarios das estradas nas grandes cidades, “pero é o acceso que utilizan cada día os veciños deste lugar, e non teñen que ser castigados por vivir no rural. Todo o contrario, deben garantirse desde as institucións, neste caso desde a Deputación de Pontevedra, infraestruturas e servizos que contribúan a fixar poboación no rural da nosa provincia, para que vivir nestas parroquias non sexa un problema”.

Nesta mesma liña incidiu Domínguez, que reclamou que “os veciños de Luneda teñen o mesmo dereito que outros núcleos de poboación, como por exemplo Vigo, a ter unhas estradas en condicións boas para circular con seguridade. Por iso esiximos estradas niqueladas tamén na Cañiza”.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas