Home Pontevedra Caldas O PP reclama beirarrúas na estrada provincial que dá acceso ao colexio...

O PP reclama beirarrúas na estrada provincial que dá acceso ao colexio de Catoira

- Anuncio -

• Deputados provinciais reuníronse con concelleiros e veciños e comprobaron o risco que viven diariamente ao deixar e recoller aos seus fillos no centro de ensino.

O grupo provincial do Partido Popular reclamará na Deputación de Pontevedra a creación de beirarrúas na estrada provincial EP-8702, que une a parroquia de Oeste co centro de Catoira, e que dá acceso ao colexio. Así o acordaron na reunión que os deputados provinciais mantiveron co voceiro local do partido, Iván Caamaño, e veciños do lugar, na que tiveron a oportunidade de comprobar en primeira persoa en que condicións teñen que levar e recoller aos seus fillos no colexio, ou mesmo para desprazarse a pé desde Oeste ata o centro da localidade.

Iván Caamaño denuncia que “en Catoira hai moitas estradas provinciais, e todas elas carecen de beirarrúas, tanto na parroquia de Dimo, como Abalo, ou Oeste, estradas nas que hai moito fluxo de circulación e peóns, que a diario teñen que camiñar por ela en situación de inseguridade, polas beiravías e sorteando aos coches que están aparcados. Si ben é certo, neste caso a situación é aínda máis grave, xa que estamos falando da contorna dun centro escolar”. Para o popular, hai unha moi mala planificación da Deputación nas estradas provinciais de Catoira, “obsesionada coa construción de badéns, pero nin unha soa beirarrúa, a pesar de que é unha reclamación constante por parte do Concello e dos veciños”. En contraposición, subliña Caamaño, na única estrada autonómica que hai en Catoira, a Consellería de Infraestruturas xa anunciou que vai crear 1,2 km de beirarrúas.

Pola súa parte, o voceiro do grupo provincial, Jorge Cubela, lamentou que “o Goberno está demasiado ocupado en programas para entender o espazo público contemporáneo, gastando os cartos en grandes presentacións, en percorrer o país con charlas e abarcando titulares, mentres en estradas como esta e outras moitas da provincia non aplican o que predican. Ese é o problema que teñen. Queren ínfulas de grandeza en cuestións que non lles corresponde e non fan o que teñen que facer, que é traballar para os pequenos concellos da provincia e garantir a seguridade nas estradas provinciais”.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas