HomePontevedraO PP reclama que a Deputación de Pontevedra reactive a comisión de...

O PP reclama que a Deputación de Pontevedra reactive a comisión de seguimento da COVID

- Anuncio -spot_img

Cubela recorda que a última reunión realizouse en xuño, coincidindo co fin do primeiro estado de alarma.

O grupo provincial do Partido Popular reclama á Deputación de Pontevedra que reactive a comisión de seguimento da COVID-19, que leva sen celebrarase desde o mes de xuño, coincidindo coa finalización do primeiro estado de alarma. Para o voceiro do PP, Jorge Cubela, cos datos desta terceira onda e a situación que está atravesando a provincia, é fundamental volver a convocar esta mesa de traballo na que estaban representados todos os grupos políticos e que durante a primeira onda foi un exemplo de colaboración e de entendemento entre partidos.

“Por iso, pedimos a Carmela Silva que valore convocar unha nova reunión para ter información, apoiar as medidas do Goberno provincial e incluso poder facer propostas construtivas e de consenso para combater esta terceira onda”, destaca.

Cubela recorda que nas reunións que se celebraron entre abril e xuño da comisión de seguimento da COVID-19, os tres grupos aprobaron importantes medidas propostas polos populares como modificar o Plan Concellos 2020 para incrementar as porcentaxes que se destinaban a emprego; axudas económicas para apoiar aos concellos de ata 50 mil habitantes; crear unha comisión de asesoramento aos concellos sobre as dúbidas ou cuestións que teñan con respecto á xestión da pandemia ou, entre outras, permitir que os concellos poidan celebrar telematicamente os seus plenos.

“Medidas que foron importantes na primeira onda da pandemia, e polo tanto, coas actuais circunstancias faise imprescindible volver a contar con estas mesas. Desde o grupo seguiremos traballando para presentar propostas e iniciativas que entendemos serán importantes para dar resposta non só á crise sanitaria, senón tamén á crise económica e social que se deriva desta pandemia”, engade.

Publicacións Relacionadas