Home Pontevedra Caldas O PP reclama “solucións inmediatas” para a EP-8001, entre Caldas de Reis...

O PP reclama “solucións inmediatas” para a EP-8001, entre Caldas de Reis e Catoira

- Anuncio -

• Din que a Deputación ten a responsabilidade de garantir a seguridade nesta estrada, que conta cun tramo de concentración de accidentes de 4,5 km.

• Pardo di que “o Goberno provincial debe tomar parte e atender as reclamacións xustas e lexítimas destes concellos”.

O grupo provincial do Partido Popular reclama á Deputación de Pontevedra “solucións inmediatas” para a EP-8001, entre Caldas de Reis e Catoira, unha estrada provincial perigosa, que concentra numerosos accidentes e que, de feito, así ten sinalizado un tramo de 4,5 quilómetros. Piden que faga unha reforma urxente e en profundidade, que permita cambiar o trazado e eliminar as curvas máis perigosas, así como outras medidas adecuadas para incrementar a seguridade e que deixe de ser unha vía perigosa e con tramos de concentración de accidentes.

Pepa Pardo, xunto con outros deputados provinciais, visitou a estrada acompañados polos voceiros do PP de Caldas de Reis e Catoira, Fernando Pérez e Iván Camaño, e varios concelleiros populares. A deputada popular sinala que “a Deputación ten a responsabilidade de garantir a seguridade nesta estrada, na que hai unha situación de extremo perigo que esixe dunha actuación en profundidade para minimizar os tramos de maior sinistralidade”. Por iso, avanza que os populares rexistraron unha moción para debater no pleno provincial deste mes e que, confían, conte co respaldo de toda a corporación. É a mesma moción que aprobaron recentemente en pleno as corporacións municipais de Catoira e Caldas de Reis, no primeiro caso por unanimidade e, no segundo, coa abstención dos socialistas. “O Goberno provincial debe tomar parte e atender as reclamacións xustas e lexítimas destes concellos”, engade.

Nesta liña, Iván Caamaño subliña que “urxe unha solución por parte da institución provincial, porque nesta estrada estanse producindo un número importante de accidentes, moitos deles graves. É unha reivindicación que desde o PP levamos tempo facendo, e que é moi importante para os veciños dos dous concellos, e para os condutores e peóns desta estrada”.

Unha urxencia coa que coincide Fernando Pérez, que recorda que “desde que o PSOE e BNG están na Deputación non se investiu nin un só euro nesta estrada”. Ademais, pide a Carmela Silva que cumpra de xeito inmediato co compromiso que adquiriu persoalmente durante unha visita a Caldas de Reis hai máis de tres anos, na que se comprometeu a construír unha rotonda xusto no punto de enlace da estrada coa peaxe da AP-9.

Outro dos puntos dos acordos inclúe instar ao Ministerio de Fomento a deseñar o proxecto e a contratación urxente das obras para que o nudo de Carracedo da AP-9 sexa completo, de maneira que se poida acceder a esta infraestrutura tanto en dirección norte como sur.

Non hai que esquecer que a EP-8001 é unha das estradas provinciais que máis tráfico rexistran, concretamente están por riba dos sete mil vehículos diarios, en moitos casos vehículos industriais posto que esta é a estrada que utiliza todo o Barbanza para acceder á AP-9 dirección sur.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas