Home O Salnés Meis O PP recorda que “o contrato a dedo” de Marta Giráldez custa...

O PP recorda que “o contrato a dedo” de Marta Giráldez custa aos veciños de Meis un 65% máis

- Anuncio -

• Marta Lucio: “O xulgado vén a ratificar o que vimos advertindo desde o PP desde hai tempo, que hai unha xestión nefasta e falta de transparencia na adxudicación do contrato”.


• Afirma que polo mesmo servizo, o Concello está pagando 82.000 euros máis ao ano que co anterior contrato: “a alcaldesa ten que explicar por que adxudicou a dedo un contrato que sabía que prexudicaba economicamente aos veciños”.

Tras coñecerse a sentenza do Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra, que anula a modificación do contrato de lixo da Mancomunidade do Salnés para dar servizo ao Concello de Meis, o Partido Popular recorda que “aínda para máis gravidade, este contrato a dedo impulsado por Marta Giráldez estaba custando aos veciños de Meis un 65% máis que o anterior contrato”. Así, a voceira e candidata á Alcaldía, Marta Lucio, afirma que polo mesmo servizo, o Concello está pagando 82.000 euros máis ao ano, o que suporía que nos cinco anos de duración deste contrato, gastaríanse 410.000 euros máis.

Para a popular, “o xulgado vén a ratificar o que vimos advertindo no PP desde hai tempo, que hai unha xestión nefasta e falta de transparencia na adxudicación do contrato”. Ademais, di que ningunha empresa quixo facerse cargo do contrato de recollida de lixo que sacou a concurso o Concello de Meis “porque era un desastre”. E refírese tamén ao que se recolle na propia sentencia, que di que o Concello de Meis non demostrou que a falta de ofertas no proceso de licitación manteríase si o contrato ofrecera as condicións que finalmente se ofreceron a través da Mancomunidade do Salnés, é dicir, ese aumento do custe na prestación do servizo.

Polo tanto, “Marta Giráldez debe pedir desculpas aos veciños, explicarlles por que adxudicou a dedo un contrato que sabía que lles prexudicaba economicamente, asumir os seus erros e defender os intereses de Meis”. Nesta liña, considera que é sorprendente que diga xa que vai recorrer a sentencia cando o que tería que facer é iniciar un procedemento xusto, transparente e que sexa beneficiosos para o concello e para os veciños”.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas