- Pepa Pardo advirte que o ministro de Presidencia, Justica e Relacións coas Cortes “ten asignada a misión de liquidar a alternancia política para perpetuar a Sánchez no poder”
- A portavoz de Xustiza do GPP pregunta: “De verdade chaman prevaricadores aos xuíces e perpetran o indulto de García Ortiz, pagando o recurso co diñeiro de todos os españois?”
- A portavoz de Xustiza do Grupo Parlamentario Popular e senadora por Pontevedra, Pepa Pardo, pregunta ao ministro Félix Bolaños por que “seguen defendendo ao ex Fiscal Xeral, tanto sabe e tanto medo o teñen?”.
- Así se expresa a dirixente popular na Comisión de Xustiza do Senado, na que comparece Bolaños para explicar cuestións como a posición do Goberno sobre a inhabilitación do Fiscal Xeral do Estado, tras ser declarado culpable polo Supremo por revelación de segredos.
- Reclama a dimisión do ministro ao que define como “un verdadeiro militante da antidemocracia: non me cabe dúbida de que Sánchez elixiulle para facer o traballo sucio, como elixiu a Ábalos e Santos Cedán”, destaca.
- Asevera que “pasou de ser o todopoderoso ‘triministro’ de Sánchez ao humillado ministro da inxustiza para a impunidade nun Goberno que representa a degradación da democracia”.
- Critica duramente que o ministro comezase cunha declaración de intencións ao falar do fallo do Supremo: “As nosas institucións democráticas están a ser atacadas por algunhas entidades que pretenden socavar a Xustiza pero o Goberno e o PSOE adiantámonos ás recomendacións europeas para velar pola independencia”.
- “Efectivamente, está a definirse e está a definir como percibe o seu Goberno ao Poder Xudicial”, afirma, para advertir que o ministro de Presidencia, Justica e Relacións coas Cortes “ten asignada a misión de liquidar a alternancia política para perpetuar a Sánchez”.
- “O que debería ser máximo garante da legalidade está condenado por cometer delitos para destruír a unha adversaria política porque non actuaba como o Fiscal Xeral de Sánchez, ao máis puro estilo bolivariano”, recalca a senadora do PP.
- Sitúa a Bolaños como “o director da maior campaña de linchamento aos xuíces” que investigan á contorna de presidente, “sometendo a presións intolerables e incompatibles nun Estado de Dereito, aos que son verdadeiros diques contra a corrupción”.
- Pon o foco en que Pedro Sánchez afirmou nunha entrevista que Álvaro García Ortiz é inocente e esta mesma semana dixo que “non hai probas concluíntes e outras instancias emitirán un fallo diferente”.
- “De verdade están a chamar prevaricadores aos xuíces e perpetran o indulto de García Ortiz polo Tribunal Constitucional, pagando o recurso co diñeiro de todos os españois?”, pregunta con indignación a portavoz de Xustiza, quen alerta de que “estamos #ante un exemplo de inxerencia política no Poder Xudicial sen precedentes”. BOLAÑOS, ARQUITECTO XURÍDICO DO SANCHISMO
- “Dixo que tiña o ‘deber moral’ de non compartir o fallo condenatorio contra o Fiscal Xeral, de que deber moral fala cando é o arquitecto xurídico do sanchismo e do Goberno fraguado nun caserío co terrorista Otegui?”, ironiza.
- A senadora por Pontevedra vai un paso máis aló e pregunta ao ministro “ata onde están dispostos a chegar para manterse no poder:
Non lles abonda con que o Fiscal Xeral do Estado fose condenado, con que a muller do presidente estea imputada e o seu irmán e o candidato en Estremadura tamén; con que Koldo, Ábalos e o seu superCerdán estean ou pasasen polo cárcere?”, incide. - “Da banda do Peugeot só queda o Un, atrincheirado na Moncloa. Os que viñan dignificar a democracia, nin valores, nin principios. Están sós, sen apoio parlamentario, nin social, aínda que dispostos a axeonllarse #ante Junts e branquear a Bildu. Representan a historia máis negra da nosa democracia, eran e son o que parecían: unha fraude”, conclúe.



