· “Levamos meses solicitando ao Gobierno local que complete este expediente para que a Xunta outorgue canto antes a declaración de Ben de Interese Cultural a festividade do Corpus Christi de Ponteareas”.
· “Imos co compromiso firme da Xunta de que nas próximas semanas farase realidade esta declaración de BIC (Ben de Interese Cultural)”.
O Grupo Municipal do PP reuniuse cos responsables de Patrimonio da Xunta de Galicia, co fin de coñecer o estado do expediente que ten como obxectivo declarar o Corpus Christi da Vila do Tea, Ben de Interese Cultural (BIC).
Os edís populares, Belén Villar e Andrés Sampedro, saíron satisfeitos da reunión xa que se lles confirmou da intención de deixar liquidada esta cuestión nas próximas semanas. “Imos co compromiso da Xunta de Galicia de que nas próximas semanas farase efectiva esta declaración. Unha reivindicación que non se puido materializar antes por problemas de incompatibilidade coa lei que o regula e posteriormente, por defectos no expediente que o bipartito (BNG-PSOE) non daba completado”.
O Grupo Municipal do PP agradece a disposición da administración autonómica que engade esta categoría tras tamén outorgarlle a declaración de Festa de interese Turístico Internacional. “Con esta proclamación de BIC como Patrimonio Inmaterial da nosa Festa do Corpus Christi estamos a protexer esta celebración e dándolle relevancia pola pegada que deixou e deixa ao longo dos anos na nosa sociedade, no noso pobo, Ponteareas. Faise xustiza cunha das reivindicacións que Ponteareas e todas as Asociacións de Alfombristas viñamos reclamando”.



