Xoán Reices: «Lamentamos o posicionamento do PP que só ten parches atallar esta sangría, ten plan, só parches, e que á vista dos números está claro que non serven para tapar a fenda demográfica da Estrada
O pleno de corporación municipal, que se reúne hoxe xoves, abordará o plan do BNG contra o despoboamento do noso concello. O PP xa anunciou o seu voto en contra, que fará inviábel a execución deste ambicioso plan, que, segundo explicou o concelleiro nacionalista, Xoán Reices, “suporía a medio prazo un revulsivo demográfico”. “Lamentamos o posicionamento do PP que só ten parches atallar esta sangría, ten plan, só parches, e que á vista dos números está claro que non serven para tapar a fenda demográfica da Estrada”.
O concelleiro do BNG explicou que “para que a Estrada non perda o seus status como concello de 20.000 habitantes, cómpre, en primeiro lugar, analizar a situación social e económica, e en segundo lugar, poñer en marcha aquelas medidas que sirvan para aumentar poboación, que para o BNG pasa por incrementar o solo industrial público, medidas fiscais para facilitar o asentamento de máis veciños e empresas, así como solicitar á Xunta a construción de vivenda de promoción pública, promover a vivenda baleira para venda ou en aluguer”. “Tamén é importante termos servizos como ludotecas e un centro de día digno”, afirma.
O plan de impulso demográfico do BNG pode verse na web da organización local no enderezo web “bngdaestrada.wordpress.com”

