Home Pontevedra Poio O PP solicita a convocatoria do Consello de Participación Veciñal e esixe...

O PP solicita a convocatoria do Consello de Participación Veciñal e esixe ao Tripar-tito “que deixe de desprezar aos veciños e ás asociacións de Poio”

- Anuncio -

• Os populares trasladan as peticións dos colectivos para reactivar o órgano de participación paralizado polo Goberno de Sobral desde hai máis de dez anos e facer que se cumpra a normativa e que o Tripartito se reúna cos colectivos, os consulte e lles dea in-formación “que agora lles oculta”.

• Rocío Cochón explicou que, fronte a un Tripartito ao que lle so-bran os veciños e o tecido asociativo, os populares trasladaron máis de 300 preguntas, rogos e iniciativas veciñais, impulsaron a retransmisión dos plenos co voto en contra de BNG e PSOE, e o PP foi o único que se reuniu coas asociacións, as escoitou e lles facilitou información.

• Ángel Moldes destacou que ningún dos orzamentos municipais que presentou o Tripartito foi consultado aos colectivos, nin tam-pouco o último crédito de catro millóns de euros, nin as subidas de impostos, e indicou que “os colectivos só teñen información cando se reúnen co PP”.

• Moldes recordou que “despois de dous anos e medio de Triparti-to, do único que poden presumir é de su-bir os impostos -o IBI, a viñeta- e incumprir o seu programa electoral e o pacto de gober-no” e subliñou que “despois de dous anos e medio de Tripartito e despois de máis de dez anos paralizado, o Consello de Participa-ción Cidadá e os colectivos vanse volver a reunir grazas ao PP”.

O PP de Poio esixirá no Pleno de Outubro a convocatoria do Consello de Participación Veciñal -paralizado polo Goberno de Luciano Sobral desde hai máis de dez anos-, a aprobación da nova normativa de Participación e o cumprimento do regulamento actual -vixente en teoría desde 1996- e outras medidas destinadas a impulsar “a participación real dos veciños e as asociacións na xestión municipal”

Será mediante unha moción que explicaron este mediodía en rolda de prensa o vocei-ro municipal Ángel Moldes e a concelleira Rocío Cochón, e que se debaterá no pleno ordinario de outubro.

Cochón explicou que o obxectivo da moción é que “o Tripartito deixe de desprezar aos veciños e ao tecido asociativo”, e recalcou que as medidas que se piden na mo-ción “son as que nos trasladaron as asociacións veciñais” nunha reunión solicitada polos colectivos para expresar o seu malestar coa falta de transparencia do Goberno local.

Cochón destacou que o compromiso do PP coa transparencia e a participación dos colectivos está máis que demostrado, xa que no último mandato os populares pre-sentaron máis de 300 preguntas, rogos e iniciativas dos veciños e das asociacións; impulsaron a retransmisión dos plenos municipais; presentaron escritos e recursos para obter información; e ademais “durante todo este mandato foi o PP o único que se reuniu cos colectivos e lles trasladou información” sobre os orzamentos, as sub-vencións e outros asuntos: “É evidente que ao BNG, ao PSOE e a Avante Poio lles sobran os veciños e os colectivos”.

Na última reunión, celebrada nas últimas semanas a petición dos colectivos, estes explicaron que xa están fartos da forma de actuar do Goberno Local e pediron ao PP que impulse a convocatoria do “Consello de Participación Veciñal”, un órgano con representantes das asociacións e dos grupos da corporación que leva sen reunirse máis de dez anos, pese a que, segundo a normativa municipal, debería convocarse cada dous meses.

A moción esixirá “Convocar o Consello de Participación Veciñal, que leva sen reunirse máis dunha década, axilizar a aprobación do novo Regulamento de Participación Ve-ciñal, dándolle traslado ás asociacións para que poidan facer aportacións, e mentres non se aproba este novo Regulamento, o Tripartito terá que informar e a involucrar ás asociacións, a todas as asociacións, facéndolles chegar as actas dos plenos, das xuntas de Goberno, os proxectos de ordenanzas, plans municipais… “Como nos dixo recentemente un representante dunha asociación, non pode ser cando os colectivos piden información, o alcalde conteste que a busquen na web!”

Cochón lamentou que Poio teña un Tripartito desconectado da xente, que se esconde dos veciños e das asociacións e que fai “a política máis ocultista da historia de Poio”, ocultando información aos colectivos e á oposición, negándose a contestar e a reunir-se cos colectivos… e asegurou que o PP de Poio, como primeira forza política “segui-rá sendo a voz dos veciños e dos colectivos, respondendo ás demandas e aos pro-blemas reais dos veciños de Poio”.

Pola súa banda, Ángel Moldes recalcou que “a moción é unha petición de auxilio dos propios colectivos”, que lle pediron ao PP unha man “para poder ter participación no día a día do Concello”.

“Os colectivos presentan escritos, iniciativas, preguntas… e o Tripartito non lles con-testa, nin lles dá información nin conta con eles”, explicou Moldes, e cando se contes-ta algunha pregunta “é porque o PP a leva a pleno ou a comisión”, onde o Goberno ten unha obriga legal de responder.

Moldes recordou que cando BNG, PSOE e Avante Poio firmaron o pacto de Goberno Tripartito prometeron moitas cousas, “algunhas lévanas prometendo 26 anos, pero outras ían a ser a novidade, como transparencia ou participación… pero era todo mentira”.

Como exemplo, Moldes destacou que ningún dos orzamentos municipais que presen-tou o Tripartito foi consultado aos colectivos, nin tampouco o último crédito de catro millóns de euros, nin as subidas de impostos, e indicou que “os colectivos só teñen información cando se reúnen co PP”, como sucede coas bases de subvencións cultu-rais ou os presupostos: “En Poio temos a sorte de ter un tecido asociativo moi activo pero a desgraza de que o Tripartito non lles deixa participar”.

Moldes destacou que coa entrada de Avante Poio no Tripartito “crearon unha conce-llería de Participación e prometeron que en menos de seis meses ían convocar a to-dos os colectivos para formar un novo Consello de Participación Veciñal… e dous anos e medio despois ten que vir o PP e as propias asociacións para esixir, mediante unha moción, a convocatoria dese Consello”.

“Despois de dous anos e medio de Tripartito, do único que poden presumir é de subir os impostos -o IBI, a viñeta- e incumprir o seu programa electoral e o pacto de go-berno”, rematou Moldes, que dixo esperar o apoio do resto dos grupos, e como míni-mo, da concelleira Silvia Díaz xa que imos cumprir o que eles prometeron pero non foron capaces de facer: “Despois de dous anos e medio de Tripartito e despois de máis de dez anos paralizado, o Consello de Participación Cidadá e os colectivos van-se volver a reunir grazas ao PP”.

Relacionadas

Os comerciantes do Porriño celebran con premioa o Día da Nai

0
• Dende hoxe, 25 de abril, ata o vindeiro 5 de maio lanzan unha divertida acción para que a veciñanza participe e entre no...

A Deputación aproba unha achega de preto de 60.000 euros para que Soutomaior reforme...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíron xa 1,9 millóns de euros entre concellos da provincia de menos de 50.000...

A Deputación amplía ata o 24 de maio as visitas á exposición “A chambra....

0
O artista vigués afonda nesta instalación audiovisual a historia das mulleres emigrantes española en Francia durante os anos sesenta e setenta A Deputación de Pontevedra...

A Deputación comeza coas esterilizacións de gatos contempladas no programa de Colonias Felinas do...

0
O proceso acaba de arrancar con gatos procedentes de Mos e continuará nas vindeiras semanas nos 46 concellos de menos de 20.000 habitantes adheridos...

O concello de Nigrán busca un novo leira-parking no centro urbano para gañar maís...

0
Convoca un novo concurso público de aluguer de fincas no que se establece un máximo de 13.068 €/ano para 3.000 m² de terreo. Este...

Doña Emilia e Señora Carme, dúas mulleres de conto

0
Un espectáculo de Narración Oral recupera o legado de Emilia Pardo Bazán na Guarda Este sábado 27 de abril ás 20,30h. realizarase no Centro Cultural...

Publicacións Relacionadas