O PP solicita actividades de promoción económica para “axudar aos negocios e atraer máis comerciantes a Monte Porreiro”

adminON
Lectura mínima de 2

• Os populares propoñen a creación de campañas para “estimular a economía local do barrio” con iniciativas de comunicación dixital, cartelería, feiras, espectáculos musicais ou roteiros gastronómicos

• Silvia Crespo demanda un “compromiso real” do Concello de Pontevedra cara ao tecido económico dun dos barrios “máis castigados” da periferia urbana

O Partido Popular de Pontevedra solicitará ao Goberno local, como responsable municipal da dinamización comercial da cidade, que fomente actividades de promoción económica para axudar aos negocios actuais e atraer máis comerciantes a Monte Porreiro, como un dos barrios “máis castigados” da periferia urbana.

A responsable popular de Monte Porreiro, Silvia Crespo, presentou unha proposición, que se debaterá no próximo pleno, para demandar “un compromiso real” por parte do Concello de Pontevedra cos negocios e comerciantes do barrio “que necesitan que se lles bote unha man” con iniciativas de diferente índole para estimular a economía local.

O PP propoñerá a creación de campañas promocionais para reforzar as accións estacionais, especialmente en datas sinaladas, para chegar ao maior número de clientes posibles mediante técnicas de comunicación dixitais, axudas coa cartelería dos negocios, organización de feiras para exhibir os produtos locais, roteiros gastronómicos, espectáculos musicais ou a elaboración dunha mesa de traballo co sector comercial para decidir as liñas de actuación que repercutan un beneficio maior.

“Demandamos un acordo firme de toda a corporación municipal para que se implementen medidas de promoción e dinamización comercial para que a economía de Monte Porreiro móvase. O Goberno municipal ten que conseguir o equilibrio económico e o benestar social dos barrios e parroquias, ademais do centro da cidade”, defendeu Crespo.

Desde este grupo municipal preténdese “poñer voz ao tecido empresarial de Monte Porreiro” no debate plenario do próximo luns con esta moción que defenderá a concelleira popular co obxectivo de que este barrio “téñase en conta na promoción económica do Concello”.

Comparte este artigo