HomePontevedraO PP solicita o arranxo da EP-0017, na zona de acceso ao...

O PP solicita o arranxo da EP-0017, na zona de acceso ao campo de fútbol municipal de Campañó, para garantir a seguridade viaria dos usuarios

- Anuncio -spot_img

• A concelleira do Partido Popular de Pontevedra Pepa Pardo advirte que, pola ausencia de iluminación, especialmente de noite, algúns puntos non reúnen as garantías mínimas de visibilidade

• O seu compañeiro Guille Juncal propón a instalación de farois para garantir a correcta iluminación da estrada, sobre todo, ao que se refire á zona máis próxima ao campo de futbol e así asegurar o acceso

A concelleira e deputada provincial do Partido Popular de Pontevedra Pepa Pardo solicitou o arranxo da estrada EP-0017, de titularidade provincial, con especial atención ao tramo que coincide co acceso ao campo municipal de fútbol de Campañó. O seu compañeiro e responsable de deportes, Guille Juncal, advertiu a ausencia de iluminación no acceso, que é de titularidade municipal.

Juncal declarou que o acceso á instalación “non reúne as condicións de seguridade que consideramos mínimas ao tratarse dun punto no que se reúnen decenas de deportistas, na súa maioría menores de idade”.

Por iso, os concelleiros do PP pediron á Deputación e ao Concello que se proceda á instalación de farois para garantir a correcta iluminación da estrada, sobre todo, no que se refire á zona máis próxima ao acceso este campo municipal de futbol.

Ambos “pedimos que tanto a Deputación, no que lle corresponde, como o Concello, póñanse de acordo para, de forma urxente, liquidar este problema”.

Publicacións Relacionadas