Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade O PP sube unilateralmente un 78% a taxa do lixo para as...

O PP sube unilateralmente un 78% a taxa do lixo para as vivendas de Cerdedo-Cotobade

- Anuncio -

Ernesto Filgueira: “É urxente un xiro de 180º no tratamento dos residuos municipais, apostando pola compostaxe e a reciclaxe. Pídolle a Cubela que deixe de botar balóns fóra e aplique un tratamento dos residuos de proximidade e respetuoso co medio ambiente”

O BNG votou en contra da desproporcionada suba das taxas municipais no que ten que ver co tratamento dos residuos no pleno municipal celebrado no día de hoxe, xa que suporá un incremento do 78% das taxas que se pagan actualmente, pasando dos 49 aos 80 euros anuais.

O portavoz municipal do BNG, Ernesto Filgueira, lembrou que o imposto ao vertido e á incineración é unha obriga derivada da Lei estatal de residuos de 2022, que á súa vez trae causa da Directiva Europea de Residuos de 2018 que penaliza as solucións finalistas e menos sostíbeis -como polas que aposta a Xunta- e prima a reutilización e a reciclaxe.
“En Cerdedo-Cotobade imos pagar máis porque a Xunta prima a incineración e o vertedoiro como sistema de tratamento dos residuos. É urxente, pois, un xiro de 180º, apostando pola compostaxe e a reciclaxe”.
“Pídolle a Cubela que deixe de botar balóns fóra e aposte por un novo modelo de tratamento dos residuos, próximo e respetuoso co medio ambiente”.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Redondela celebra o Día Internacional da Diversidade Funcional esixindo “dereitos, non favores”

0
Como exemplo de adaptación inaugurouse esta mañá un semáforo con pictogramas na estrada de Vigo, na zona do Salgueiral. Deste xeito favorécese a comprensión...

Publicacións Relacionadas