O Partido Popular de Vilaboa cuestionou as contas presentadas polo rexedor socialista, César Poza.
Os populares, de man do seu portavoz, Alberto Acuña, cuestionaron os orzamentos presentados por poza para este 2023 asegurando que non se axustan á realidade das necesidaxes dos veciños, xa que de entrada non inclúen no apartado de ingresos a previsión de aumento dos mesmos polo catastrazo que Poza negouse a frear e que supoñerá un novo incremento do IBI aos veciños.
Ademais, o Partido Popular tamén sinala que con esta mala previsión dos ingresos, todo o demais non é unha imaxe fiel e esixen que os mesmos inclúan investimentos reais nos veciños.
Acuña lembra que o concello negouse a baixar impostos aos veciños primeiro coas taxas urbanisticas, a rede de sumidoiros e agora sen frear o catastrazo que por terceira vez en catro anos, promete rascar o peto de todos os veciños do concello.
Acuña tamén pon o foco no que para o BNG é urxente e critica que en lugar de axudar ás mariscadoras nun momento no que a salinidade da auga está a facerlles perder o produto, o PSOE e o BNG reguen con decenas de miles de euros un festival que ningún veciño quere, que non achega beneficios económicos para Vilaboa e que simplemente é unha asemblea nacionalista que financiamos entre todos.
En palabras dos populares, estes orzamentos dan por amortizado a Poza á fronte do concello.



