• Os populares ven como unha “intimidación que se force” a empresarios que teñen contratos co Concello a pagar por un acto político do BNG
• Cando unha persoa declina a invitación, desde alcaldía transmíteselle “a máis profunda decepción”, algo que desde o PP ven como unha “reacción inaceptable e impropia de calquera cargo político”
Desde o Partido Popular de Pontevedra vese como unha “anomalía democrática” que o BNG obrigue a empresarios da cidade para comprar invitacións para ir a un acto político dos nacionalistas. Os populares advirten como unha “intimidación que se force” a empresarios que teñen actualmente contratos co Concello a pagar por asistir a un acto político do Bloque.
Ademais, manteñen desde a formación local, que non só obrígase aos empresarios para abonar estes pases, senón que tamén se lles esixe que encher varias mesas.
Trátase, para o PP, dun engano, debido a que desde o BNG mantense que non se trata dun acto político, “cando é evidentemente todo o contrario”.
Segundo puido coñecer membros da formación local, cando un empresario declina a invitación, desde a propia alcaldía transmíteselles unha mensaxe “da máis profunda decepción coa decisión”. Desde as filas populares vese este acto político como una “un ataque contra as liberdades individuais dos cidadáns”.



