Home Pontevedra O PP valora de maneira positiva as solucións que a Xunta ofrece...

O PP valora de maneira positiva as solucións que a Xunta ofrece para Vilaboa

- Anuncio -

O Partido Popular de Vilaboa valora de maneira positiva a solución proposta desde a consellería de infraestruturas e mobilidade para a PO-264 ao seu paso por Vilaboa.

O Partido Popular considera que a transferencia do tramo da PO-264 ao concello permite que “adaptemos a xestión da mesma á verdadeira función que cumpre e que é local e así dar resposta á preocupación pola seguridade dos veciños ”. Ademais, apuntan que é algo positivo e agradecen a predisposición da Consellería para achegar solucións que beneficiarían aos veciños a curto prazo.

“Que ese tramo pase a ser competencia municipal, permitiranos adaptar todas as políticas necesarias ao seu uso real e dese modo, coñecendo de primeira man as súas necesidades, poder atallalas dunha maneira áxil” declaran os concelleiros populares. A transferencia é un recurso que o concello usa con outras da deputación, para realizar sendas. Esta uniríase a elas.

Ademais, sinalan que a Xunta sempre cumpre con Vilaboa e proba diso son os investimentos que hai no concello; como os máis de 2M que a Xunta investiu xa, só en apoiar ao concello na xestión da auga.

Tamén apuntan o investimento que se fará de 720.000 na mellora do sistema de depuración
Indican que de novo, “César Poza tentou buscar un titular desde a mentira e atopou os datos de todos os investimentos que a Xunta fai no noso concello” tamén finalizan agradecendo que na reunión entre a consellera e o alcalde de Vilaboa “polo menos a consellera si teña verdadeiro interese en que Vilaboa vaia a melor”.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas