Belén Villar apoia no Pleno Municipal de onte o voto en contra do PP na Deputación de Pontevedra.
O PSOE de Ponteareas levou onte ao Pleno Municipal a reprobación do PP provincial tras votar ata tres veces en contra da modificación do Camiño Escolar Seguro ao CEIP Ramiro Sabell o pasado 30 de setembro no Pleno da Deputación de Pontevedra.
A portavoz do PP en Ponteareas, a Sra. Belén Villar apoiou a decisión do seu partido en Pontevedra coa única finalidade de que Ponteareas perdese os 700.000 euros que subvenciona a deputación para o primeiro camiño escolar seguro que se vai facer en Ponteareas. A Sra. Belén Villar antepuso no pleno de onte os intereses do seu partido aos intereses de todos os veciños e veciñas de Ponteareas.
O Partido Socialista indicou no pleno que “é inmoral e perverso que o Partido Popular conspire para que Ponteareas quede sen o proxecto financiado pola Deputación”. “A Sra. Villar é complice da actitude do PP provincial que se sitúa en contra dun proxecto que se elaborou coa participación de diversos axentes sociais: familias, profesorado e colectivos.
A modificación do proxecto solicitada era indispensable para a mellora das infraestructuras básicas como saneamento, abastecemento ou iluminación. Pola súa contra o PP tratou de xustificar o seu voto en contra por unha cuestión de procedemento no momento de xustificar a titularidade dos terreos.
O Partido Socialista califica de “vergoñento e escandaloso” a actitude do voceiro popular provincial encargado de defender a postura do Partido Popular, quen tomando a palabra intentou primeiro que se retirase da orde do día, sendo isto rechazado polo Goberno Provincial; e posteriormente solicitou á Presidencia que quedase o tema sen tratar enriba da mesa, sendo novamente rexeitada esta petición.
Tras verse acorralado o PP non tivo máis remedio que acometer o debate para a súa posterior votación. Foi entonces cando o voceiro do Partido Popular manifestou a intención do seu partido que non era outra que votar en contra dun proxecto tan importante para a nosa vila.
“Non podemos consentir que o PP provincial adique o seu tempo a perxudicar ao noso concello”, afirma Delfín Domínguez Cerdeira, Secretario Xeral do PSOE de Ponteareas. De non terse aprobado a modificación do proxecto o Concello de Ponteareas non podería cumprir os prazos comprometidos na subvención e polo tanto quedaría sin ela.
A modificación do Proxecto resultou finalmente aprobada tras a defensa que del fixo a Presidenta da Deputación e o voto a favor do Goberno Provincial. Dende o Partido Socialista de Ponteareas indican que “lamentamos que a Sra. Villar apoie co seu voto en contra da reprobación o que está a facer o PP na provincia de Pontevedra, tratando de perxudicar descaradamente ao noso concello”, manifestou Delfín Domínguez.



