HomePontevedraPonte CaldelasO PPdeG leva ao Pleno unha moción para esixir a convocatoria dun...

O PPdeG leva ao Pleno unha moción para esixir a convocatoria dun novo concurso de recollida de lixo despois de varias prórrogas consecutivas

- Anuncio -spot_img

Os populares consideran que un contrato asinado hai casi 14 anos debe de adaptarse a actualizarse para evitar que perxuidique aos intereses dos veciños e veciñas do municipio.

O PPdeG de Ponte Caldelas acaba de presentar unha moción para que non se dilate máis no tempo a convocatoria dun concurso público para renovar as condicións do servizo de recollida de lixo e traslado á estación de tratamento despois de que rematara o actual en novembro do ano 2017 e se siga prorrogando sen sentido e razón de ser de xeito continuado pondo en risco os intereses dos veciños e veciñas do municipio.

Segundo o PPdeG urxe poñer en marcha esta nova contratación despois de anunciar o alcalde que a súa intención é ligar o funcionamento do Punto Limpo ao novo pliego de condicións que leva retrasándose desde hai máis de tres anos e que condiciona a operatividade deste servizo público que abre so previa cita e cando hai disponibilidade por parte dos operarios de obras e servizos do Concello.

Os representantes do PPdeG na Corporación levan xa varios plenos pedindo información e urxindo solución a este tema ante as queixas dos veciños e usuarios sobre o funcionamento do servizo recibindo sempre respostas evasivas por parte do alcalde mentras o segue prorrogando á. mesma empresa.

MAIOR VOLUME DE RESIDUOS ENVIADOS A SOGAMA QUE INCREMENTAN O CUSTE DO SERVIZO ÁS ARCAS MUNICIPAIS

Por outra banda, o PPdeG considera que un novo concurso podería axudar a renovar o parque móbil destinado a este servizo, que conta con camións moi envellecidos, contedores deteriorados e que non cumpren as recomendacións de uso a raíz da pandemia da Covid-19 e que presentan problemas de cheiros pola falla dun seguemento axeitado que garanta o cumprimento dos compromisos de limpeza e desinfección periódica asumidas no contrato rematado e periódicamente prorrogado sen xusficación ante o Pleno.

Ademais, os concelleiros do PPdeG están detectando un maior aporte de residuos a Sogama co cal aumenta a tonelaxe enviada o que fai subir o custe que asume o Concello. Así, o ano pasado Ponte Caldelas enviou á estación de tratamento unhas 2.110,54 toneladas (181,49 máis que no 2019), un 9,4% máis con respecto ao exercizo anterior, moi lonxe dos estándares recomendados pola Unión Europea sobre separación e reciclaxe de residuos sólidos urbanos e dunha política medioambiental sostible que fomente a compostaxe ou outros métodos de tratamento eficaz para o lixo doméstico.

Publicacións Relacionadas