Home Pontevedra Ponte Caldelas O PPdeG reclama unha urxente actuación nos camiños interiores de Parada, moi...

O PPdeG reclama unha urxente actuación nos camiños interiores de Parada, moi deteriorados e que provocan caídas de persoas maiores

- Anuncio -

· PPdeG levará ao próximo Pleno as queixas da veciñanza esixindo o seu asfaltado ou formigonado, a colocación de sistemas de drenaxe e canalización de augas pluviais e a mellora do alumenado público coa instalación de LEDs.

O Partido Popular de Ponte Caldelas levará ao vindeiro Pleno as queixas recibidas por parte de varios veciños do lugar de Parada sobre o mal estado de conservación da rede interior de camiños que está a provocar reiteradas caídas de persoas maiores que sofren accidentes pola mala situación na que se atopan.

As queixas sobre o mal estado dos viais céntranse fundamentalmente no Camiño do Maruco, no do Naval do Río, Camiño do Moreira, Camiño das Cernadas e o da Laxa, ademais da Presa da Roca que está nunha situación de abandono total.

Os concelleiros do Partido Popular esixirán ao equipo de Goberno no vindeiro Pleno que se leve a cabo unha actuación en profundidade polo menos neses camiños reseñados e se acometa tamén a limpeza e rehabilitación do lavadoiro do Camiño do Navl do Río así como a Presa da Roca que se atopa nun estado lamentable.

SISTEMAS DE ANCLAXE DOS CONTEDORES DE LIXO E MELLOR ILUMINACIÓN POLA NOITE DOS CAMIÑOS INTERIORES

Ademais, os concelleiros pediranlle ao equipo de Goberno que habilite medidas de anclaxe dos contedores de lixo que están na estrada principal cara San Vicente porque cando inciden sobre eles os fortes ventos e as precipitacións metereolóxicas representan un perigo para a seguridade viaria tanto dos peóns como dos vehículos xa que desprázanse con facilidade invadindo a calzada co grave risco de accidente.

Tamén pedirán ao equipo de Goberno que se incrementen os puntos de luz e que se substitúan as vellas luminarias por outras de tecnoloxía LED menos contaminantes e máis eficaces e eficientes no seu cometido de iluminar mellor o entorno onde están ubicadas. Agora que vai cambiar a hora e coa chegada do inverno a luminosidade do día diminúe, os concelliros do PPdeG solicitan unha maior atención neste sentido por parte do Concello xa que moitas persoas maiores frecuentan estes camiños e son vítimas de tropezos e mesmo caídas polo mal estado do pavimento e tamén pola escasa visibilidade do lugar por carecer de farolas ou porque as esistentes resultan insuficientes.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas