Home Pontevedra Poio O prazo para solicitar permisos para a realización de cacharelas e grelladas...

O prazo para solicitar permisos para a realización de cacharelas e grelladas de San Xoán abrirase o día 8 de xuño

- Anuncio -

• Tanto as solicitudes de fogueiras como de grelladas poderán poderán facerse a través da Sede Electrónica ou no Rexistro ata o mércores 21, inclusive

• No caso das cacharelas de San Pedro o período será do 22 ao 26 de xuño

O Concello de Poio informa de que o vindeiro xoves, día 8 de xuño, abrirase o prazo para a comunicación das grelladas para locais de hostalería, así como para cacharelas en espazos privados ou públicos na noite de San Xoán, do 23 ao 24 deste mes. O período permanecerá aberto ata o mércores 21 inclusive. No caso das solicitudes para a festividade de San Pedro, deberán presentarse entre os días 22 e 26 de xuño, ambos incluídos. As tramitacións realizaranse preferentemente a través da Sede Electrónica do Concello, operativa as 24 horas do día. No seu defecto, tamén será posible facelo mediante instancia presentada de xeito presencial no Rexistro Xeral do Concello.

A Administración municipal autoriza as fogueiras en lugares privados e tamén públicos, se ben haberá que cumprir en todo momento cos requisitos de seguridade pertinentes. No caso dos areais, na noite de San Xoán permitirase o prendido de cacharelas nas praias de Raxó, a do Laño, Ouriceira, O Padrón, Lourido e Campelo.

En canto aos requisitos a cumprir, lémbrase que a persoa solicitante será a responsable do cumprimento das devanditas normas. Non estará permitido o emprazamento dun asador en zonas públicas e o volume do combustible da fogueira non poderá sobrepasar os 8 metros de perímetro e os 3 de altura. Ademais, a separación entre os edificios e árbores será como mínimo de 4 metros no caso das grelladas e de 12 no caso das cacharelas. As bases tamén inciden na importancia de que se teña coidado de non situar as fogueiras e as grelladas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, así como de que nas proximidades non exista ningún local no que se almacenen produtos inflamables.

Ademais, as persoas responsables das cacharelas deberán ter en conta cuestións relacionadas coa meteoroloxía, como a aparición de vento á hora do prendido e o mantemento das grelladas e fogueiras. Prohíbese, asemade, a queima de pneumáticos, plásticos, aceites ou escumas de poliuretano, así como calquera substancia que ao arder desprenda fume tóxico. Tampouco se permitirá botar ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables. Por último, todo deberá quedar recollido antes das 10.00 horas do día posterior ás fogueiras.

As bases para estes permisos foron aprobados na Xunta de Goberno Local do día 30 de maio. Unha vez se abra o período de solicitudes poderase descargar toda a documentación pertinente desde a Sede Electrónica.

Relacionadas

Luis López sinala a nova ponte de Fontenla, en Ponteareas, como un exemplo da...

0
O presidente provincial, acompañado pola alcaldesa e deputada de Turismo, Nava Castro, comprobou o remate dunha obra no que a Deputación investiu 50.000 euros “Obras...

Observar e colaborar para adaptarse ao alumnado do s. XXI

0
O CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián participa no programa Observa-Acción, un proxecto co que coñecer experiencias innovadoras e reflexionar sobre a práctica docente...

A Escola de Verán do Concello de Baiona cumpre 15 anos ampliando a súa...

0
A concellería de Igualdade do Concello de Baiona abre o prazo para solicitar praza para participar na Escola de Verán 2024. Este ano cúmprense...

O Concello realizará dous obradoiros de elaboración de pandeiretas ante a alta demanda

0
Organizados pola OMIX de Tomiño, 70 persoas terán a oportunidade de aprender a crear este instrumento tradicional O Concello continúa comprometido coa participación e formación...

Xa está aberta na praza da Inmaculada a “Casa dos Libros Orfos”

0
Dende onte, 23 de abril, Día do Libro, está en funcionamento, nun dos quioscos da céntrica Praza da Inmaculada,  a “Casa dos libros orfos”,...

O deputado Javier Tourís recibe na Finca Areeiro ao colectivo de Mulleres Rurais de...

0
O deputado delegado da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Javier Tourís, recibiu hoxe ás mulleres da Asociación de Mulleres Rurais de Salceda de Caselas que...

Publicacións Relacionadas