HomePontevedraDezaO presente e futuro dos drons nos ámbitos de seguridade e emerxencias...

O presente e futuro dos drons nos ámbitos de seguridade e emerxencias estará na feira Sedexpo 2023

- Anuncio -spot_img

• A ZONA EXPOSITIVA DO CERTAME CONTARÁ CON EMPRESAS LÍDERES NESTE SECTOR, AS CALES PRESENTARÁN INTERESANTES INNOVACIÓNS ENTRE O 28 E O 30 DE NOVEMBRO

• ADEMAIS, REALIZARANSE XORNADAS CENTRADAS NESTES VEHÍCULOS AÉREOS NON TRIPULADOS (UAVS) E LEVARANASE A CABO DEMOSTRACIÓNS NAS QUE SERÁN PROTAGONISTAS

A II Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO 2023, a cal terá lugar do 28 ao 30 de novembro no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, mostrará aos visitantes o presente e o futuro no sector dos drons.

Ademais de contar con empresas líderes neste ámbito na súa área expositiva, estes vehículos aéreos non tripulados (UAVS), protagonizarán numerosas actividades.

En canto a xornadas técnicas, destacará a da Civil UAVs Initiative, iniciativa estratéxica pioneira en Europa liderada pola Xunta de Galicia cuxo obxectivo é atraer investimentos no sector aeroespacial e desenvolver solucións innovadoras no ámbito da industria de sistemas e vehículos non tripulados, a cal ademais patrocina a feira. Incluirá dúas interesantes mesas redondas.

A primeira delas centrarase no desenvolvemento e adquisición dunha solución innovadora para a localización de persoas extraviadas por medio de UAVs, coa participación por parte da Axencia Galega de Innovación (GAIN), de Emilio Astray, director da área de Coordinación do Polo Aeroespacial de Rozas; por parte da UTE Aeromedia-Indra-ITG, de César Ortega, director Forestal e Emerxencias de Aeromedia e por parte da entidade usuaria Marcos Araújo, xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA). A segunda titularase “Solucións da Business Factory Aero (BFAero) na área das emerxencias: Beagle e Acre”, sendo intervenientes, por parte de GAIN, de novo Emilio Astray, por parte de Beagle Labs o seu CEO, Miguel Barreiro, e por parte de ACRE – Área de Control Restrinxida de Emerxencias, tamén o seu CEO, Rubén Gil.

Analizarase tamén o futuro do sector das aeronaves non tripuladas nunha conferencia das empresas Aeromedia e Net2fly. Esta última tamén realizará unha presentación sobre como xestionar grandes volumes de operacións con drons.

Ademais, os drons estarán presentes en numerosos relatorios doutras xornadas sobre seguridade, emerxencias e extinción de incendios e tamén no marco do II Congreso Internacional de Incendios Forestais Interlumes.

Procura de persoas desaparecidas

Por outra banda, o certame acollerá interesantes demostracións con vehículos aéreos non tripulados, as cales terán como protagonistas novos modelos de distintas empresas presentes na feira.

Ademais, realizaranse exhibicións, como a realizada pola Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) e Aeromedia, centrada na procura de persoas desaparecidas con drons e tamén exercicios-simulacro, como o que levará a cabo a Xunta de Galicia con Protección Civil, enfocada nas futuras capacidades da Unidade Operativa de Drons da AXEGA na procura de persoas desaparecidas.

Publicacións Relacionadas