O presidente do PP de Pontevedra Luis López celebra que os orzamentos da Xunta destinen á provincia un total de 4.077 millóns de euros

adminON
Lectura mínima de 10

● Pontevedra é a provincia na que máis medra o orzamento da Xunta en materia de infraestrutura e vivenda cun alza de máis do 36%. O dirixente popular agradeceu que a provincia poida contar con axudas tan importantes para vivienda e infraestruturas, entre as que se inclúen 54M€ para vivendas de promoción pública, e 23M€ para a AG-59 A Ramallosa- A Estrada.


● Unhas contas que reflicten os obxectivos da Xunta que son impulsar a oferta de vivenda; sentar as bases da Galicia futura, con máis innovación; reforzar os servizos públicos; e apostar polos sectores produtivos e a transición verde, precisou Luis López.


● Nas contas galegas destaca o orzamento destinado para o novo albergue de Dozón, con 1,2M€ e os 1,8M€ para o remate da obra do BIC de Ons e os máis de 4M euros destinados ás obras do Mosteiro de Oia.


● Luís López indicou que un ano máis a Xunta vela polo benestar dos galegos primando o gasto social, xa que 3 de cada 4 € destínanse a gasto social e por primeira vez superan a barreira dos 10.000 M€


● “A Xunta de Galicia é a administración que máis inviste, de longo, nos concellos da nosa provincia, xa que o punto de partida en investimentos vaise ampliar ainda máis a través dos plans, convenios, ordes de axudas ou novos proxectos que xurden ao longo do ano”, manifestou Luis López.

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, celebrou que os orzamentos da Xunta sexan os máis altos da historia, e que destinan máis de 4.077 millóns de euros para a provincia de Pontevedra. “Un ano máis e xa van 16, o Goberno galego aproba en tempo e forma os orzamentos. E, ademais, faise, como no último ano, cun endebedamento cero”, precisou Luis López.
Nas contas galegas, inclúense para a provincia de Pontevedra partidas tan importantes para vivienda e infraestruturas, entre as que se inclúen 54M€ para vivendas de promoción pública, onde destacan os 42,1M euros para Navia, en Vigo; e 23M€ para a AG-59 A Ramallosa- A Estrada. Pontevedra é a provincia na que máis medra o orzamento da Xunta en materia de infraestrutura e vivenda cun alza de máis do 36%. Increméntase nun 90%, ata case os 45M€ o orzamento consignado ao IGVS como resultado da aposta por expandir o parque de vivenda pública na provincia de Pontevedra.
A provincia rexistra unha partida histórica de case 60M€, cinco veces a contía do ano pasado, para o impulso dos grandes proxectos de vivenda en Vigo, Pontevedra e Mos. Máis de 16M€ consignados nos orzamentos de Vivenda para a adquisición de solo en Vigo, Pontevedra e Vilagarcía para novos desenvolvementos residenciais. Infraestruturas duplica o orzamento destinado á prolonhación da autovía a Ramallosa-A estrada, duplicando a contía ata os 23,1M€. Un dos grandes proxectos da Lexislatura, a VAP Tui-A Guarda, multiplica por nove o seu orzamento respecto do ano pasado coa previsión de que en 2025 entre en servizo o treito Areas – PO-350.
No eido turístico, destaca o orzamento destinado para o novo albergue de Dozón, con 1,2M€ e os 1,8M€ para o remate da obra do BIC de Ons e os máis de 4M euros destinados ás obras do Mosteiro de Oia.
No eido xudicial, Pontevedra contará con diversas partidas entre as que destaca o novo edificio xudicial de A Estrada que será unha realidade tras un investimento próximo a 1,8 M€, a mellora enerxética dos xulgados de Caldas e O Porriño superará o millón de euros de investimento da Xunta e a remodelación dos xulgados de Vilagarcía de Arousa mobiliza 240.000 € das contas autonómicas para 2025, que se suman aos 123.000 € para os xulgados da Parda en Pontevedra: 123.633 €.
Luís López indicou que un ano máis a Xunta vela polo benestar dos galegos primando o gasto social, xa que 3 de cada 4 € destínanse a gasto social e por primeira vez superan a barreira dos 10.000 M€. En Mos, a Xunta destinará 5M€ para a construcción dun centro de coidados intermedios no Rebullón e investirá 1,2 M€. Manterase por terceiro ano consecutivo a gratuidade nas escolas infantís. En Galicia benefícianse 32.000 nenos e nenas, dos que 11.300 son da provincia de Pontevedra. Destinaranse 12M€ para axudar ás familias na conciliación puntual dos seus fillos a través do Bono Concilia e do Plan Corresponsables. En Galicia benefícianse 40.000 familias, das que 9.000 están na provincia de Pontevedra.

A base de helicópteros de Lalín contará cun orzamento de 1,2 millóns de euros, afondando na aposta pola prevención e extinción de lumes forestais. Nesta provincia levaranse a cabo tres novos pasteiros, cun orzamento de 766.000 euros para dotar de base territorial ás explotacións e exercer de barreira natural contra o lume e o novo edificio de Medio Rural en Lalín, xa en construción, conta este ano cun investimento de 2,5 millóns de euros, que permitirá mellorar o servizo que presta a Administración no medio rural.

No eido rural destaca tamén a aposta por un territorio rural coidado é produtivo polo que se pon en marcha o Plan Camiña Rural, dotado con 3,2M € para a provincia de Pontevedra, que axudará a mellorar as vías de comunicación no rural. As contas galegas cuadriplican as axudas de plantacións de frondosas, forestación ou creación de agrupacións forestais de xestión conxunta: pasamos de 620.000 euros en 2024 na provincia de Pontevedra a máis de 2,4 millóns en 2025.
Na cidade de Vigo o goberno galego destinará máis de 533 millóns de euros, con partidas que inclúen preto de 10M€ paera o centro de asociacionismo da rúa Lalín: 10,9 M€ para o CIS Olimpia Valencia, e a partida da consellería de Política Social para diversas actuacións que este ano supera os 103M€ . No eido educativo destaca os 6,5M€ para os centros de Investigación da Universidad de Vigo (Attlantic, Cinbio, Investigación Mariña, Procesos Industriales, Ecobas y Gradiant). O desenvolvemento do ámbito PS-1 da ETEA que se desenvolverá en convenio con Zona Franca incorpórase aos orzamentos da Xunta cunha partida de 2M€ para 2025.
Na cidade de Pontevedra, Luis López indicou que a obra do Gran Montecelo conta cun importante investimento para a execución da primeira fase do plan de investimentos para a posta en servizo, que acada os 30 M€. que se suman aos 41,2 M€. que se destinarán ás obras, que rematarán no vindeiro ano. Consígnanse 3,6 M€ para a dragaxe do Lérez en Pontevedra, á espera de que o Goberno central desbloquee a súa tramitación, e 4,7M€ para as obras do IES Valle-Inclán. Así, como 1,5M€ para o convento de Santa Clara, 560.000 euros para a Basílica de Santa María e 300.000 euros para actuacións de conservación do santuario da Virxe da Peregrina

Compromiso cos concellos e cos cidadáns
Vilagarcía de Arousa contará cuun investimento de 9,2 millóns de euros para a obra do novo centro de saúde. Tamén no 2025 se prevé a finalización do Centro de Saúde de Moaña (4,8 M€) dotándose crédito para obra e para dotación de mobiliario e equipos. Tamén se dota o crédito para equipamento do Centro de Saúde do Porriño, con 700.000 euros e o investimento necesario para acometer a mellora do Centro de saúde de Domaio en Moaña , que supera os 200.000 euros. Na provincia de Pontevedra, destinarán tamén 114.000 euros ao porto de Tragove, en Cambados e 105.000 ao de Combarro, en Poio, para renovar os firmes e pavimentos dos viarios portuarios.

Ase mesmo,no eido da vivenda destinararse 2,1M para vivendas de titularidade municipal, preto de 8M para melloras de accesibilidade e 23,7 M para axuda destinadas a actuacións de eficiencia enerxética en edificios,, aos que se suman os 10M para axudas de alugamento e os 3,2M do bono de alugueiro social, e os 10M do Fondo de cooperación paranovaedificación por parte de concellos e os maís de 5,5M euros para axudas e asociacións locais

“A Xunta de Galicia é a administración que máis inviste, de longo, nos concellos da nosa provincia, xa que o punto de partida en investimentos vaise ampliar ainda máis a través dos plans, convenios, ordes de axudas ou novos proxectos que xurden ao longo do ano”, manifestou Luis López.

Comparte este artigo