HomeBaixo MiñoA GuardaO profesor Alberto Viso presenta o seu libro “La ceguera de Dios”...

O profesor Alberto Viso presenta o seu libro “La ceguera de Dios” na Casa dos Alonso

- Anuncio -spot_img


• A presentación estará dirixida polo antigo profesor no IES A Sangriña, Manuel Vidal

O próximo mércores 17 de decembro, preséntase na Casa dos Alonso o libro “La ceguera de Dios”. Trátase dunha novela do antigo profesor do IES A Sangriña, Alberto Viso.

A obra sitúase na Inglaterra isabelina, cando tres misioneiros xesuítas cruzan a súa patria convertida en terra inimiga. Ao mesmo tempo, en Extremadura, a duquesa de Feria, lidera en secreto unha resistencia católica rodeada dun mundo de alianzas e traizóns.

“La ceguera de Dios” enlaza con maestría dúas tramas destinadas a converxer nun final tan inevitable como estremecedor. Unha historia de fe, poder e lealdade en tempos de fractura relixiosa e política. É un argumento que atrapa e onde destaca o rigor histórico e o soporte documental, cunha mestura adecuada entre realidade e ficción.

A presentación dará comezo o mércores 17 ás 19:00 horas na Casa dos Alonso e estará conducida polo tamén antigo profesor do IES A Sangriña, Manuel Vidal.

Publicacións Relacionadas