HomePontevedraA ParadantaO Programa CLARA regresa a Covelo e A Cañiza cunha nova edición...

O Programa CLARA regresa a Covelo e A Cañiza cunha nova edición centrada na saúde mental, a igualdade e o empoderamento feminino.

- Anuncio -spot_img

O Concello de Covelo, en colaboración co Concello da Cañiza, pon en marcha unha nova edición do Programa CLARA, unha iniciativa financiada pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo. O obxectivo é promover a igualdade, mellorar a saúde emocional e ofrecer ferramentas de empoderamento laboral e persoal ás mulleres e ás nenas dos dous municipios.

A actividade dará comezo o xoves 31 de xullo cunha charla inaugural a cargo da psicóloga Sonia Suárez Arias, titulada “Saúde mental e muller. Escoitar, entender, sanar”. A sesión poderá celebrarse en horario de mañá ou de tarde, segundo a dispoñibilidade das participantes.

Atención individualizada e confidencial

As mulleres poderán acceder a consultas psicolóxicas e xurídicas gratuítas, previa cita. Este servizo, de carácter individual, poderá realizarse de xeito presencial ou online.

  • Atención psicolóxica: xestión emocional, estrés, orientación familiar, autoestima e acompañamento terapéutico.
  • Atención xurídica: dereito con perspectiva de xénero, violencia machista, mediación, estranxeiría, discapacidade, entre outros.

Innovación en orientación laboral: uso da intelixencia artificial

A edición 2025 incorpora ferramentas dixitais innovadoras como a intelixencia artificial (IA) para traballar na orientación laboral. Elaboraranse currículos por competencias e habilidades, realizaranse simulacións de entrevistas, e analizarase o mercado laboral coa axuda de ferramentas de IA.

Tamén se impartirá un curso básico de IA baixo o título “IA e algoritmos: quen toma as decisións?”, con prácticas de uso de aplicacións como ChatGPT, Copilot ou Gemini.

Obradoiros de saúde e coidado persoal

  • Mindfulness e técnicas de atención plena para convivir co estrés, enfermidades ou carga mental.
  • Biodanza, Chi Kung e movemento psicosomático para fortalecer a autoestima e liberar emocións a través do corpo.
  • Obradoiros sobre alimentación antiinflamatoria enfocada na menopausia e nutrición sanadora.

Formación en igualdade e cultura crítica

  • Módulo formativo “300 anos de feminismo: perspectiva histórica e filosófica”
  • Obradoiro “Turbulencias do feminismo: ventres de alugueiro, trata e prostitución”
  • Charla sobre o consentemento nas relacións sexuais: agresións, denuncia, prácticas e dereitos ante a xustiza
  • “Un café con Clara”: debate sobre moda, suxeición ou liberación? Unha análise histórica e actual sobre o papel da moda nas vidas das mulleres

Promoción STEM para nenas: Voando xuntas

A actividade “Voando xuntas”, prevista para setembro, promoverá as vocacións científicas e tecnolóxicas entre as nenas a través do voo de drons. Procurarase que a participación sexa prioritariamente de nenas de Covelo e A Cañiza, evitando a masificación por parte de visitantes estivais.

Información e citas previas

As actividades desenvolveranse todos os xoves en horario de 9:00 a 14:00 no Centro Médico de Maceira. As consultas son gratuítas e confidenciais.

Citas:

  • Sonia (atención psicolóxica): 687 227 495
  • María Jesús (atención xurídica e orientación laboral): 606 118 853

Publicacións Relacionadas